lunes, 22 de noviembre de 2010

O cazador e a balea. Un conto de Jazz

O 15 de novembro tivemos a oportunidade de asistir a un novo concerto no Pazo de Cultura de Pontevedra, un concerto especial. Tratouse da mistura de literatura e música, da narración dun conto con música Jazz, amosando as súas ilustracións nunha pantalla. A actividade viña da man do Seminario de Jazz de Pontevedra, aproveitando a visita duns grandes músicos da escena musical neoiorquina: Darren Barret Quintet. Foi unha actividade nova, curiosa... Serviu, entre outras cousas, para acercar este xénero musical aos nenos de 5º, 6º Curso de Primaria e 1º e 2º de ESO. A maioría dos rapaces disfrutaron da música e da narración, outros non tanto... Pero experiencias coma estas hai que tentar vivilas sempre que se presente a oportunidade.

O Merlo e os seus Merliños disfrutaron en xeral moito, porque previamente fixemos unha preparación do que sería a actividade e xa íamos predispostos para o disfrute.

Escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e ilustrado por Iban Barrenetxea

viernes, 12 de noviembre de 2010

Parabéns!

Teño que darvos unha boa noticia... A nosa frase do blog, a que aparece no pentagrama do título do blog: "A música é o segredo a voces para ser feliz", foi unha das gañadoras e seleccionadas para a elaboración do calendario do noso blog amigo Ritmo en los Barrios de Nicaragua. O Merlo está feliz e quere compartir a súa felicidade con todos os nenos e nenas do CEIP de Viñas!

Aínda que xa temos un enlace ao noso blog amigo dende a lista de blogs, vos deixo un enlace directo nesta entrada de Ritmo en los Barrios de Nicaragua, e un vídeo onde podedes ver unhas fotografías que reflicten todo o seu traballo musical. Verdadeiramente paga a pena coñecer todo o traballo que se está levando a cabo nesta parte do mundo...



Enlace: Ritmo en los Barrios de Nicaragua

Apertas!