jueves, 29 de septiembre de 2011

Os nosos murais

Aquí gañan os seus puntos os Merliños de Infantil, 1º, 2º e 3º Curso. 


Xa estamos preparando o mural para mostrar na porta de entrada 
o compositor do mes,  unha das novidades deste curso.


miércoles, 28 de septiembre de 2011

Colocando Xilófonos e Metalófonos!!




Aquí está 4º Curso, todos afaenados colocando as placas nos xilófonos e metalófonos.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Xornada de folga

O CEIP de Viñas únese á xornada de folga dos centros educativos e ao paro de brazos caídos do martes 20 de setembro de 2011. Estamos en contra dos recortes que se están a facer no ensino PÚBLICO, recortes que non fan máis que rebaixar a calidade dos nosos colexios.


lunes, 19 de septiembre de 2011

Un saúdo de 1º

Xa estamos en pleno curso! As clases van tomando forma pouco a pouco. Pasou xa a primeira semana, moitos somos xa coñecidos, outros viñeron novos, algunhas profes e tamén bastantes alumnos. No 1º Curso hai moitas caras novas, que desexo que veñan con moitísmas ganas de traballar e aprender .  Outras caras, como Vicente, Pape Mor, Ángela, Alex, Zaka... son xa coñecidos que estrean Primaria este ano. Nótase ademáis que traballaron moi ben en Infantil, con esto xa temos moito adiantado. Unha aperta para todos e feliz curso 2011/2012.


viernes, 2 de septiembre de 2011

Xa está aquí setembro

E con setembro chega o comezo dun novo curso. O Merlo xa está preparando todo o traballo que temos por diante durante o curso 2011/2012.  Vémonos moi pronto!

Apertas!

O.