E o Merlo deixa por aquí esta canción tan coñecida, interpretada e gravada polos alumnos do 2º Ciclo, como podedes comprobar, cantada con moito entusiasmo...
Túa nai é meiga
Interpretada polos alumnos do 2º Ciclo do CEIP Refoxos, 2009
Invítovos dende O canto do merlo á audición da versión que fixemos da canción popular portuguesa "Millo verde", que Zeca Afonso popularizou e da que deixou pegada no disco Cantigas de Maio. Agardamos que disfrutedes...
Millo verde
Interpretada polos alumnos do 3º Ciclo do CEIP Refoxos, 2009
O sol nunha mañá de verán é unha peza instrumental un tanto especial. Esta peza foi composta para os alumnos do 3º Ciclo. Non foi unha peza fácil, pero dende o principio todos os alumnos a tomaron moi positivamente e foi unha gran experiencia traballala xuntos. Guitarra, frauta traveseira, carrillón, metalófonos, xilófonos, triángulo, bombo, pao de chuvia... unha auténtica orquesta que tocou co corazón! Felicidades unha vez máis!!
Peza gravada en directo e nunha soa toma dende a Aula de Música.
O sol nunha mañá de verán
Interpretada polos alumnos do 3º Ciclo do CEIP Refoxos, 2009
O Himno galego é o símbolo acústico de Galiza. Estreouse no ano 1907 e dende entón pasou por moitas vicisitudes, dende a súa prohibición absoluta ata a permisividade total, sen obstáculos nin censura. A letra pertence a Eduardo Pondal (1835-1917) e a música foi composta por Pascual Veiga (1842-1906).
A letra e música deste himno forma un conxunto armónico compacto e bonito de ensinar e aprender por parte dos nenos. Posúe un ritmo pouco complexo e melodías, na súa gran maioría, por graos conxuntos, o que axuda a que os nenos disfruten aprendendo esta peza do noso folklore. Iso sí, non se debe esquecer un acompañamento, neste caso eleximos guitarra, bombo e platillo.
Himno galego
Interpretada polos alumnos do 3º Ciclo do CEIP Refoxos, 2009
Comeza unha nova andadura musical, o curso 2010/2011, pero non quero deixar no esquecemento a experiencia que me levo do traballo realizado cos alumnos do CEIP Refoxos no curso pasado. Dende O canto do merlo, invito á audición de "La feria de Scarborough", peza que eleximos para frauta, grabado en directo na Aula de Música, interpretado polos alumnos do 3º Ciclo.
Un pouco de historia
Esta canción inglesa provén da era medieval, cando o pobo de Scarborough era un punto importante para comerciantes de toda Inglaterra. Na Idade Media, a xente non adoitaba asinar as súas cancións ou outros traballos, así que o autor desta peza é descoñecido. A canción cantábana os bardos, que ían de cidade en cidade, e cando escoitaban a canción e a levaban con eles á seguinte cidade, as letras e arranxos cambiaban. Por iso hoxe hai moitas versións...
La feria de Scarborough
Interpretada polos alumnos do 3º Ciclo do CEIP Refoxos, 2009