miércoles, 5 de noviembre de 2014

"GATUXO", O NOVO DISCO-LIBRO DE MAGÍN BLANCO

Magín Blanco presenta o seu novo disco libro "Gatuxos", que en principio está pensado para bebés, pero tras escoitar a maioría das cancións, na miña opinión, penso que pode traballarse con este disco tamén na Educación Infantil, tanto en 3, 4 e 5 anos. Como nos ten acostumbrados, Magín Blanco ofrece unha calidade musical á que non debemos renunciar como educadores musicales, cunha instrumentación axeitada e bonitas letras, así como boas interpretacións. Temos que ter en conta que xa desde pequenos os nenos teñen que escoitar cancións ben cantadas (voces afinadas e entoadas), a música, como calquera linguaxe, segue o mesmo proceso de aprendizaxe, e non podemos caer na trampa de elexir cancións sen a suficiente calidade, tanto instrumental como vocal.

Neste disco "Gatuxos", e xa que está pensado para bebés, persoalmente, extraño eses sons instrumentais aos que os bebés son tan sensibles, instrumentos que ademáis poden e deben atoparse en calquera aula de música, como son o carrillón, cascabéis, triángulos, caixas chinas... e toda esa pequena percusión que maravilla aos máis pequenos.

De todos os xeitos, Magín Blanco ofrécenos unha calidade musical irrenunciable e que se está empezando a converter nun IMPRESCINDIBLE nas aulas de música.


ENLACE Á PRESENTACIÓN DE "GATUXOS": http://www.folmusica.com/llega-gatuxo/
ENLACE AO DISCO EN SPOTIFY: Magín Blanco – Gatuxo


Un saúdo!!

martes, 4 de noviembre de 2014

iMúsica

Temos que asumilo... estamos entrando nunha nova era educativa: a era tecnolóxica. E como educadores musicales, debemos facilitar un camiño para que calquera persona, en calquer momento, poda facer música. E aquí entran os dispositivos móviles reis: o teléfono intelixente e a tablet. Nós ímonos centrar no iPhone e no iPad, e imos a compartir un sitio web moi interesante, que ofrece múltiples aplicacións, servicios e contidos para a educación musical co iPad e o iPhone.

Sitio Web iMúsica:  

Pasiño a pasiño, pero sin renunciar a esta nova era tecnolóxica que xa estamos a vivir.

Un saúdo!

miércoles, 8 de octubre de 2014

TODOS SOMOS CAPITANES

Entre pitos e frautas... o tempo voa... e aquí andamos de novo, tentando manter a flote ao Canto do Merlo, que nunca se apague o seu canto!

Xa estamos nun novo curso! Uff... si que pasa o tempo... coas mesmas ganas ou máis de seguir aprendendo e compartindo. Desta volta compartimos este video fermoso de Magín Blanco, que seguro os amantes dos disco-libros xa coñecedes. Baixo o título de "A nena e o grilo nun barquiño", Magín Blanco bríndanos cancións de verdadeira calidade musical, que se fan imprescindibles para o noso traballo de aula. Aquí tedes o video de "Todos somos capitanes". Disfrutadeo!!


Apertas!

viernes, 17 de enero de 2014

DÍA DA PAZ 2014

Bos días!!

Achégase o Día da Paz deste 2014 e xa estamos sumerxidos nos cantos que imos facer neste día. Farémolo por Ciclos. Así que compartimos as cancións por se alguén cae por aquí e lle gusta a idea.

Infantil 3 anos + 4 anos + 5 anos cantarán "Cantarela dos Nenos", unha letra de Xosé Neira Vilas. Esta canción é moi popular e a cantan moitísimos colexios neste día.

1º Ciclo cantará "Ninguén se quede atrás". Esta canción está traducida do castelán, non aparecía por ningún lado en galego. Ademáis está lixeiramente reducida, porque era bastante longa para memorizala para os nenos de 1º Ciclo. Noutro post deixarei a letra final.

2º Ciclo cantará unha canción de Eurojunior 2004, "Lluvia de amor". Nesta ocasión non foi posible facer a traducción ao galego, pero é tan fermosa e ten unha música tan contaxiosa que non podíamos resistirnos. Todos os nenos están encantados con esta canción.

3º Ciclo interpretará coa frauta doce o tan coñecido "Himno a la alegría". Penso que pode quedar precioso interpretado por tantas frautas. Os alumnos xa están a memorizar a partitura. Seguro que sae impresionante!

Xa vos irei contando os avances!!

Un saúdo,

oa