Foi unha actividade moi interesante e divertida. Chegamos dos primeiros ao Pazo de Cultura de Pontevedra, así que eleximos sitio privilexiado. O escenario xa estaba preparado para a función, os demáis colexios ían chegando. O espectáculo tivo un comezo máxico, un inca sentado tocando a súa quena... Foi realmente sorprendente. Despois todo aconteceu tal e como describimos nas clases de preparación. Pero o momento máis esperado e espectacular, foi cando cantamos todos xuntos a canción "Poco a poco", que ata rapeamos con Sakapatú! e despois xa a cantamos ao estilo andino. Cando rematou, todo o Auditorio pediu outra, jeje, e tocaron outra! Ao finalizar todos tiñamos cara de ledicia... Vai ser certo iso de que a música é o segredo a voces para ser feliz...
Aquí deixa o Merlo as imaxes que rescatamos do concerto de Sakapatú. Falan por elas mesmas... Actividade realizada o 28 de outubro de 2010.