Por fin chegou a semana en que nos prepararemos para asistir a ese bonito e interesante concerto que nos agarda no Pazo da Cultura de Pontevedra. O grupo de músicos que nos fará pasar un bo rato ten este nome, "¡SAKAPATÚ! Nas clases veremos o por que deste nome...
Tivemos a sorte de coñecer a unha persoa que veu do Perú e tivo a xentileza de crear unhas imaxes moi ilustrativas do que é a cultura musical andina, que engloba básicamente os países do Perú e Chile. Aquí deixo esas imaxes das que vos falo e xa nas clases profundizamos.
Mapa do mundo, onde se destaca a noso país e o país de onde proceden algúns dos músicos de ¡Sakapatú!
Bailes tradicionais peruanos, segundo a zona (costa, serra ou selva)
Instrumentos representativos da cultura andina, que veremos e escoitaremos no concerto!
Paisaxes e cultura peruanas.
Agardo que resulte interesante para vós! Na clase aprenderemos un estribillo dunha canción que interpretaremos todos xuntos no concerto!
Unha aperta!
Nota: se queres ver as imaxes máis grandes, pincha en cada unha delas!
1 comentario:
E por fin chegou o día do concerto! estivo xenial, de verdade que todos disfrutamos moito. Xa estou preparando as fotos, para publicalas nunha entrada nova! Apertas
Publicar un comentario