Mostrando entradas con la etiqueta 3º Ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º Ciclo. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de mayo de 2011

Maios 2011 / CEIP de Viñas

No CEIP de Viñas xa celebramos os Maios`11. Despois de preparalos con moita ilusión, preparar as coplas, musicalas, preparar as flores para decorar o Maio... por fin os celebramos! As coplas foron realmente boas! Deixamos por aquí algunhas delas:


Coplas de Infantil

Este ano a nosa Biblio
mellorou un mogollón
temos moitos contos novos
ata pantalla e canón!

(...)

Cando nos vindes buscar
poderedes atopar
unha cheminea enorme
que seguro os molará!

__________________________________________________

Coplas 1º Curso

 Aquí están os nosos Maios
que nós vimos a cantar
con ledicia e bo gusto
co desexo de agradar.

(...)

A nosa profe Maricha
fainos pór boca de pez
e coa nosa profe Olga
cantamos todos á vez.

___________________________________________________

Coplas de 2º Curso

Chega o Maio florido,
chega o Maio namorado,
os alumnos de segundo
imos intentar cantalo.

(...)

Agora nos despedimos,
agora xa rematamos,
esperamos un aplauso
polo ben que as cantamos!

_____________________________________________________

Coplas de 3º Curso

Ao redor deste Maio
temos moito que contar
os alumnos de terceiro
vos queremos saudar.

(...)

Imos moito ao teatro
que moi divertido é
e sentados nos asentos
sen podernos nin mover!
_____________________________________________________


Coplas de 4º Curso

Xa chegou a primavera
nós cantamos e bailamos,
ao carón do noso Maio
a así o festexamos!

(...)

Está ben o de estudar
e tamén o traballar,
mais querémosvos lembrar
o importante de xogar.

____________________________________________________

Coplas de 5º Curso

Nenas e nenos de quinto
vimos cantar e tocar,
agardamos que vos guste
e que vos faga gozar!

(...)

Esta nosa profe Loli
ponnos sempre moitas "Mates"
pero nós o que queremos
e que rematen as clases.

______________________________________________________

Coplas de 6º A

Somos alumnos de sexto
este curso xa marchamos,
pasaremos ao Instituto,
xa viremos visitarvos.

(...)

Damos Plástica en inglés,
chámanlle Sección Bilingüe,
pintamos con "plis" e "yes"
e aprendemos moito "inglis"

______________________________________________________

Coplas de 6º B

Este ano á Biblioteca
démoslle unha nova cara
para que nenos e profes
poidan mellor disfrutala.

(...)

Xa deixamos os de 6º
o colexio e os recreos,
marcharemos para o IES
e atoparnos outros nenos.


Unha aperta!

O.

martes, 22 de febrero de 2011

O Caxixi

O caxixi é un instrumento que chegou de agasallo este curso escolar ao CEIP de Viñas. É un instrumento que gusta moito a todos os alumnos/as e nos acompañamentos todos o queren tocar! así que haberá que ampliar caxixis de cara o próximo curso. Xa veremos xa veremos...

Deixamos por aquí unha pequena reseña:
É un instrumento de orixe africana, con forma de pequeno cesto de palla trenzada que pode ter varios tamaños e pode ser doble ou triple. Tócase axitando. No seu interior ten trozos de acrílico, arroz e semillas secas.



















Os nosos caxixis

Unha aperta!

O.

viernes, 29 de octubre de 2010

Crónica do concerto de Sakapatú!

Foi unha actividade moi interesante e divertida. Chegamos dos primeiros ao Pazo de Cultura de Pontevedra, así que eleximos sitio privilexiado. O escenario xa estaba preparado para a función, os demáis colexios ían chegando. O espectáculo tivo un comezo máxico, un inca sentado tocando a súa quena... Foi realmente sorprendente. Despois todo aconteceu tal e como describimos nas clases de preparación. Pero o momento máis esperado e espectacular, foi cando cantamos todos xuntos a canción "Poco a poco", que ata rapeamos con Sakapatú! e despois xa a cantamos ao estilo andino. Cando rematou, todo o Auditorio pediu outra, jeje, e tocaron outra! Ao finalizar todos tiñamos cara de ledicia... Vai ser certo iso de que a música é o segredo a voces para ser feliz...

Aquí deixa o Merlo as imaxes que rescatamos do concerto de Sakapatú. Falan por elas mesmas... Actividade realizada o 28 de outubro de 2010.



E non te quedes sen ver este resumo do espectáculo! Unha aperta!

domingo, 17 de octubre de 2010

¡Sakapatú! unha viaxe pola música andina

Por fin chegou a semana en que nos prepararemos para asistir a ese bonito e interesante concerto que nos agarda no Pazo da Cultura de Pontevedra. O grupo de músicos que nos fará pasar un bo rato ten este nome, "¡SAKAPATÚ! Nas clases veremos o por que deste nome...

Tivemos a sorte de coñecer a unha persoa que veu do Perú e tivo a xentileza de crear unhas imaxes moi ilustrativas do que é a cultura musical andina, que engloba básicamente os países do Perú e Chile. Aquí deixo esas imaxes das que vos falo e xa nas clases profundizamos.

Mapa do mundo, onde se destaca a noso país e o país de onde proceden algúns dos músicos de ¡Sakapatú!





















Bailes tradicionais peruanos, segundo a zona (costa, serra ou selva)





















Instrumentos representativos da cultura andina, que veremos e escoitaremos no concerto!






Paisaxes e cultura peruanas.




















Agardo que resulte interesante para vós! Na clase aprenderemos un estribillo dunha canción que interpretaremos todos xuntos no concerto!

Unha aperta!

Nota: se queres ver as imaxes máis grandes, pincha en cada unha delas!