Mostrando entradas con la etiqueta 4º Curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4º Curso. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de septiembre de 2012

Feliz Curso 2012 / 2013

Dende aquí vos desexo a todos un Feliz Curso 2012 / 2013 
 A importancia de entrar a un Aula de Música cunha decoración que nos invite a facer Música!!

Unha aperta!

O.  
   

viernes, 20 de abril de 2012

Viva Mozart!!

Seguimos traballando na vida e obra de Mozart. Estamos realizando un pequeno libro cos datos máis importantes deste grandísimo compositor e xenio, que teremos rematado para final de curso. Por aquí deixamos un bonito retrato realizado por un dos alumnos de 4º Curso e un pequeno mural con Mozart Warhol realizado polos alumnos do 2º Ciclo.



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Unha aperta!
 
O.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Colocando Xilófonos e Metalófonos!!




Aquí está 4º Curso, todos afaenados colocando as placas nos xilófonos e metalófonos.

miércoles, 8 de junio de 2011

Final de curso...

Xa vai chegando o final do curso 2010/2011... Uf, pasou voando... Xa estamos preparando con esforzo e entusiasmo as actuacións para o festival do 21 de xuño, que ademáis coincide co Día da Música! E xa estamos preparando tamén o traballo das clases para que cada alumno/a presuma na casa de todo o que aprendeu neste curso, e tamén presuma das cousas que non se pode levar no papel!

A seguir traballando!

Unha aperta,

O.

lunes, 9 de mayo de 2011

Maios 2011 / CEIP de Viñas

No CEIP de Viñas xa celebramos os Maios`11. Despois de preparalos con moita ilusión, preparar as coplas, musicalas, preparar as flores para decorar o Maio... por fin os celebramos! As coplas foron realmente boas! Deixamos por aquí algunhas delas:


Coplas de Infantil

Este ano a nosa Biblio
mellorou un mogollón
temos moitos contos novos
ata pantalla e canón!

(...)

Cando nos vindes buscar
poderedes atopar
unha cheminea enorme
que seguro os molará!

__________________________________________________

Coplas 1º Curso

 Aquí están os nosos Maios
que nós vimos a cantar
con ledicia e bo gusto
co desexo de agradar.

(...)

A nosa profe Maricha
fainos pór boca de pez
e coa nosa profe Olga
cantamos todos á vez.

___________________________________________________

Coplas de 2º Curso

Chega o Maio florido,
chega o Maio namorado,
os alumnos de segundo
imos intentar cantalo.

(...)

Agora nos despedimos,
agora xa rematamos,
esperamos un aplauso
polo ben que as cantamos!

_____________________________________________________

Coplas de 3º Curso

Ao redor deste Maio
temos moito que contar
os alumnos de terceiro
vos queremos saudar.

(...)

Imos moito ao teatro
que moi divertido é
e sentados nos asentos
sen podernos nin mover!
_____________________________________________________


Coplas de 4º Curso

Xa chegou a primavera
nós cantamos e bailamos,
ao carón do noso Maio
a así o festexamos!

(...)

Está ben o de estudar
e tamén o traballar,
mais querémosvos lembrar
o importante de xogar.

____________________________________________________

Coplas de 5º Curso

Nenas e nenos de quinto
vimos cantar e tocar,
agardamos que vos guste
e que vos faga gozar!

(...)

Esta nosa profe Loli
ponnos sempre moitas "Mates"
pero nós o que queremos
e que rematen as clases.

______________________________________________________

Coplas de 6º A

Somos alumnos de sexto
este curso xa marchamos,
pasaremos ao Instituto,
xa viremos visitarvos.

(...)

Damos Plástica en inglés,
chámanlle Sección Bilingüe,
pintamos con "plis" e "yes"
e aprendemos moito "inglis"

______________________________________________________

Coplas de 6º B

Este ano á Biblioteca
démoslle unha nova cara
para que nenos e profes
poidan mellor disfrutala.

(...)

Xa deixamos os de 6º
o colexio e os recreos,
marcharemos para o IES
e atoparnos outros nenos.


Unha aperta!

O.

viernes, 25 de marzo de 2011

Explorando o piano...

A verdade é que foi unha gran idea darlle aos merliños a oportunidade de explorar o piano, algún sentiu verdadeira paixón por este instrumento. Deixamos un vídeo onde algúns dos alumnos de 4º Curso nos deixan abraiados coa súa musicalidade e as súas dotes pianísticas!

Paula ao piano

Yolanda

Mandiara é tranquilidade...

Ismael sorprendéndonos!




viernes, 25 de febrero de 2011

Georges Bizet - Juego de niños op. 22 (Pequeña suite). Galop: Le bal

No 2º Ciclo traballamos cunha audición que lle encantou a todos, alégrome moito. A audición en cuestión é Juego de niños op. 22 (Pequeña suite). Galop: Le bal, de Georges Bizet. Esta música é ideal para traballar a intensidade. Todos os alumnos gozaron interpretando corporalmente as distintas intensidades que se reflicten na obra. Ao finalizar cada neno/a dá a súa opinión sobre a audición e a actividade, así podemos facernos unha idea do traballo que estamos a facer, se funciona ou non é por que. Nesta ocasión todos coincidiron máis ou menos no carácter ledo da música e dos xestos que asociamos a cada intensidade. 

Aquí vos deixo un vídeo con esta peza interpretada ao piano, aínda que nós a traballamos coa orquesta, esta versión está moi ben, xa veredes...



O compositor Georges Bizet


Reseña biográfica de Bizet 
(Francia, 1838-1875)
Compositor francés membro dunha familia de músicos, coñecido sobre todo polas súas óperas. O seu verdadeiro nome é Alexandre Cesar Leopold Bizet. Naceu en Bougival, cerca de París e estudou no conservatorio da capital francesa. Tamén estudou piano con Antoine Marmontel. En 1857 obtivo o premio de Roma. Entre as súas óperas atópanse Los pescadores de perlas (1863), La jolie fille de Perth (1867) e Djamileh (1872).
 
Carmen (1875) é considerada a súa obra máis importante. A pesar de que o éxito non foi inmediato e o músico sufriu moitísimo pola mala acollida do público, co paso do tempo converteuse nunha das óperas máis famosas e coñecidas. 

Unha aperta,
O.

martes, 22 de febrero de 2011

O Caxixi

O caxixi é un instrumento que chegou de agasallo este curso escolar ao CEIP de Viñas. É un instrumento que gusta moito a todos os alumnos/as e nos acompañamentos todos o queren tocar! así que haberá que ampliar caxixis de cara o próximo curso. Xa veremos xa veremos...

Deixamos por aquí unha pequena reseña:
É un instrumento de orixe africana, con forma de pequeno cesto de palla trenzada que pode ter varios tamaños e pode ser doble ou triple. Tócase axitando. No seu interior ten trozos de acrílico, arroz e semillas secas.



















Os nosos caxixis

Unha aperta!

O.

jueves, 17 de febrero de 2011

4º Curso

E cando se traballa con gusto... hai que presumir de traballo! Aquí temos aos alumnos e alumnas de 4º Curso ensaiando coa frauta. Sempre tentamos dedicarlle o seu tempo dentro da clase, pero é preciso lembrar que sen o estudo diario na casa... a frauta non soa por casualidade. Tamén traballamos con fichas que sempre nos axudan a afianzar os conceptos.

 Miguel, Jaime e Alex

 Mandiara e Paula

 Ismael traballando a liña e o espazo,
pequenos esquemas rítmicos e as figuras

Miguel moi concentrado



Bo traballo, rapaces.

Unha aperta,

O.

lunes, 31 de enero de 2011

Día da Paz 2011

O MerLo deixa no blog un resumo en vídeo da actividade para a Paz "Titiras para o Mundo". Aproveitamos para engadir música para a Paz...

Nota Importante: non esquezas pinchar no Pause do reproductor do Canto do Merlo, para que non se superpoñan os sons.



Apertas,

O.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Parabéns!

Teño que darvos unha boa noticia... A nosa frase do blog, a que aparece no pentagrama do título do blog: "A música é o segredo a voces para ser feliz", foi unha das gañadoras e seleccionadas para a elaboración do calendario do noso blog amigo Ritmo en los Barrios de Nicaragua. O Merlo está feliz e quere compartir a súa felicidade con todos os nenos e nenas do CEIP de Viñas!

Aínda que xa temos un enlace ao noso blog amigo dende a lista de blogs, vos deixo un enlace directo nesta entrada de Ritmo en los Barrios de Nicaragua, e un vídeo onde podedes ver unhas fotografías que reflicten todo o seu traballo musical. Verdadeiramente paga a pena coñecer todo o traballo que se está levando a cabo nesta parte do mundo...



Enlace: Ritmo en los Barrios de Nicaragua

Apertas!