Mostrando entradas con la etiqueta 5º Curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5º Curso. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de septiembre de 2012

Feliz Curso 2012 / 2013

Dende aquí vos desexo a todos un Feliz Curso 2012 / 2013 
 A importancia de entrar a un Aula de Música cunha decoración que nos invite a facer Música!!

Unha aperta!

O.  
   

domingo, 3 de junio de 2012

AULA VIRTUAL EDMODO

Unha nova, rapaces!

Edmodo é unha plataforma social educativa que permite a comunicación entre alumnos e profesores nun entorno pechado e privado. Esta plataforma permite, por exemplo, enviar traballos e tarefas aos alumnos, reforzar contidos de clase mediante contido web e compartir archivos.  Actualmente é gratuita e sen publicidade.

Paréceme moi interesante para ampliar a comunicación entre o grupo-clase, principalmente alumnado de 3º Ciclo, e estirar un pouquiño este horario tan reducido que temos coa materia de Música.

Aquí está a aperiencia de Edmodo. Xa falaremos máis acerca deste tema. "O Canto do Merlo" xa creou Aula Virtual, para entrar neste grupo precisades entrar como estudantes e introducir un código de grupo.




Unha aperta!

O.

miércoles, 22 de junio de 2011

FELICES VACACIÓNS!

FELICES VACACIÓNS!!!

Parabéns pola vosa fantástica actuación! 




Unha aperta!

O.

miércoles, 8 de junio de 2011

Final de curso...

Xa vai chegando o final do curso 2010/2011... Uf, pasou voando... Xa estamos preparando con esforzo e entusiasmo as actuacións para o festival do 21 de xuño, que ademáis coincide co Día da Música! E xa estamos preparando tamén o traballo das clases para que cada alumno/a presuma na casa de todo o que aprendeu neste curso, e tamén presuma das cousas que non se pode levar no papel!

A seguir traballando!

Unha aperta,

O.

lunes, 9 de mayo de 2011

Maios 2011 / CEIP de Viñas

No CEIP de Viñas xa celebramos os Maios`11. Despois de preparalos con moita ilusión, preparar as coplas, musicalas, preparar as flores para decorar o Maio... por fin os celebramos! As coplas foron realmente boas! Deixamos por aquí algunhas delas:


Coplas de Infantil

Este ano a nosa Biblio
mellorou un mogollón
temos moitos contos novos
ata pantalla e canón!

(...)

Cando nos vindes buscar
poderedes atopar
unha cheminea enorme
que seguro os molará!

__________________________________________________

Coplas 1º Curso

 Aquí están os nosos Maios
que nós vimos a cantar
con ledicia e bo gusto
co desexo de agradar.

(...)

A nosa profe Maricha
fainos pór boca de pez
e coa nosa profe Olga
cantamos todos á vez.

___________________________________________________

Coplas de 2º Curso

Chega o Maio florido,
chega o Maio namorado,
os alumnos de segundo
imos intentar cantalo.

(...)

Agora nos despedimos,
agora xa rematamos,
esperamos un aplauso
polo ben que as cantamos!

_____________________________________________________

Coplas de 3º Curso

Ao redor deste Maio
temos moito que contar
os alumnos de terceiro
vos queremos saudar.

(...)

Imos moito ao teatro
que moi divertido é
e sentados nos asentos
sen podernos nin mover!
_____________________________________________________


Coplas de 4º Curso

Xa chegou a primavera
nós cantamos e bailamos,
ao carón do noso Maio
a así o festexamos!

(...)

Está ben o de estudar
e tamén o traballar,
mais querémosvos lembrar
o importante de xogar.

____________________________________________________

Coplas de 5º Curso

Nenas e nenos de quinto
vimos cantar e tocar,
agardamos que vos guste
e que vos faga gozar!

(...)

Esta nosa profe Loli
ponnos sempre moitas "Mates"
pero nós o que queremos
e que rematen as clases.

______________________________________________________

Coplas de 6º A

Somos alumnos de sexto
este curso xa marchamos,
pasaremos ao Instituto,
xa viremos visitarvos.

(...)

Damos Plástica en inglés,
chámanlle Sección Bilingüe,
pintamos con "plis" e "yes"
e aprendemos moito "inglis"

______________________________________________________

Coplas de 6º B

Este ano á Biblioteca
démoslle unha nova cara
para que nenos e profes
poidan mellor disfrutala.

(...)

Xa deixamos os de 6º
o colexio e os recreos,
marcharemos para o IES
e atoparnos outros nenos.


Unha aperta!

O.

lunes, 4 de abril de 2011

Master Class a cargo de 5ºB. Día do Pobo Xitano 2011

Aquí hai arte!!! Os alumnos de 5ºB imparables! Nos contan e nos cantan... Moi ben, rapaces, parabéns pola vosa Master Class. Deixaron aos seus compañeiros abraiados.


martes, 22 de febrero de 2011

O Caxixi

O caxixi é un instrumento que chegou de agasallo este curso escolar ao CEIP de Viñas. É un instrumento que gusta moito a todos os alumnos/as e nos acompañamentos todos o queren tocar! así que haberá que ampliar caxixis de cara o próximo curso. Xa veremos xa veremos...

Deixamos por aquí unha pequena reseña:
É un instrumento de orixe africana, con forma de pequeno cesto de palla trenzada que pode ter varios tamaños e pode ser doble ou triple. Tócase axitando. No seu interior ten trozos de acrílico, arroz e semillas secas.



















Os nosos caxixis

Unha aperta!

O.

lunes, 21 de febrero de 2011

Unha nova semana

Xa estamos nun novo luns. Esta semana, no 3º Ciclo, traballaremos con esta música que todos recoñecedes cando a escoitades nunha primeira toma, "Érase una vez el hombre", decides todos.  A peza en cuestión pertence a Beethoven (Septet in Eb, Op. 20 - III. Tempo di menuetto). Pois sí, é a BSO desa famosa, divertida e interesante serie coa que tanto se aprende, e aprendimos os que agora somos adultos. Así é a música, unha gran acompañante de películas, debuxos animados, anuncios publicitarios... É así de grande, capaz de perdurar no tempo e nos corazóns.

Pois ben, esta semana traballamos con esta peza para distinguir as súas partes e hoxe, o grupo de 5ºB  o fixo moi ben. Ademáis toda a clase disfrutou coa audición e o posterior acompañamento que fixemos cos shakers e ovos na Parte A.

Unha aperta!

O.

martes, 15 de febrero de 2011

La máquina de escribir

Os nosos alumnos non son da era da máquina de escribir, pero moitos saben dela e do son que produce ao escribir. Así que esta semana estamos traballando no 3º Ciclo con este temazo:  La máquina de escribir, do compositor Leroy Anderson. Por certo, está tendo unha acollida boísima e todos están disfrutando. Estou encantada co resultado!

Leroy Anderson


Unha Aperta,

O.

lunes, 31 de enero de 2011

Día da Paz 2011

O MerLo deixa no blog un resumo en vídeo da actividade para a Paz "Titiras para o Mundo". Aproveitamos para engadir música para a Paz...

Nota Importante: non esquezas pinchar no Pause do reproductor do Canto do Merlo, para que non se superpoñan os sons.



Apertas,

O.

martes, 25 de enero de 2011

La Traviatta

Como xa sabedes, estamos preparando un pouco o concerto ao que imos asistir o próximo xoves 27 de xaneiro. E tamén como sabedes, "La Traviatta" non é ópera buffa, senón dramática, pero será o acto final de despedida o día do concerto. Aquí vos deixo un dos seus fragmentos máis coñecidos, para que vaiades acostumando o oído a este tipo de canto e disfrutedes con él, xa que é de gran beleza! e tamén vos deixo unha fotografía da escenografía desta ópera, para que vexades todo o que abrangue este xénero musical!

















Apertas,

O.

viernes, 21 de enero de 2011

A nosa clase...

O Merlo invita, a quen guste, a pasar ao noso recuncho  musical...
 

lunes, 17 de enero de 2011

Novo Concerto

Queridos Merliños,

O Merlo está encantado de invitarvos a un novo concerto didáctico que terá lugar o 27 de xaneiro de 2011 no Auditorio de Novacaixagalicia. Nas vindeiras clases prepararémonos para disfrutar deste concerto. Xa vos vou adiantando que se trata do Humor na Ópera. Sona ben, non?

Mozart, Rossini, Donizetti, Verdi...















Unha aperta!

O.

lunes, 22 de noviembre de 2010

O cazador e a balea. Un conto de Jazz

O 15 de novembro tivemos a oportunidade de asistir a un novo concerto no Pazo de Cultura de Pontevedra, un concerto especial. Tratouse da mistura de literatura e música, da narración dun conto con música Jazz, amosando as súas ilustracións nunha pantalla. A actividade viña da man do Seminario de Jazz de Pontevedra, aproveitando a visita duns grandes músicos da escena musical neoiorquina: Darren Barret Quintet. Foi unha actividade nova, curiosa... Serviu, entre outras cousas, para acercar este xénero musical aos nenos de 5º, 6º Curso de Primaria e 1º e 2º de ESO. A maioría dos rapaces disfrutaron da música e da narración, outros non tanto... Pero experiencias coma estas hai que tentar vivilas sempre que se presente a oportunidade.

O Merlo e os seus Merliños disfrutaron en xeral moito, porque previamente fixemos unha preparación do que sería a actividade e xa íamos predispostos para o disfrute.

Escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e ilustrado por Iban Barrenetxea

viernes, 12 de noviembre de 2010

Parabéns!

Teño que darvos unha boa noticia... A nosa frase do blog, a que aparece no pentagrama do título do blog: "A música é o segredo a voces para ser feliz", foi unha das gañadoras e seleccionadas para a elaboración do calendario do noso blog amigo Ritmo en los Barrios de Nicaragua. O Merlo está feliz e quere compartir a súa felicidade con todos os nenos e nenas do CEIP de Viñas!

Aínda que xa temos un enlace ao noso blog amigo dende a lista de blogs, vos deixo un enlace directo nesta entrada de Ritmo en los Barrios de Nicaragua, e un vídeo onde podedes ver unhas fotografías que reflicten todo o seu traballo musical. Verdadeiramente paga a pena coñecer todo o traballo que se está levando a cabo nesta parte do mundo...



Enlace: Ritmo en los Barrios de Nicaragua

Apertas!