lunes, 9 de mayo de 2011

Maios 2011 / CEIP de Viñas

No CEIP de Viñas xa celebramos os Maios`11. Despois de preparalos con moita ilusión, preparar as coplas, musicalas, preparar as flores para decorar o Maio... por fin os celebramos! As coplas foron realmente boas! Deixamos por aquí algunhas delas:


Coplas de Infantil

Este ano a nosa Biblio
mellorou un mogollón
temos moitos contos novos
ata pantalla e canón!

(...)

Cando nos vindes buscar
poderedes atopar
unha cheminea enorme
que seguro os molará!

__________________________________________________

Coplas 1º Curso

 Aquí están os nosos Maios
que nós vimos a cantar
con ledicia e bo gusto
co desexo de agradar.

(...)

A nosa profe Maricha
fainos pór boca de pez
e coa nosa profe Olga
cantamos todos á vez.

___________________________________________________

Coplas de 2º Curso

Chega o Maio florido,
chega o Maio namorado,
os alumnos de segundo
imos intentar cantalo.

(...)

Agora nos despedimos,
agora xa rematamos,
esperamos un aplauso
polo ben que as cantamos!

_____________________________________________________

Coplas de 3º Curso

Ao redor deste Maio
temos moito que contar
os alumnos de terceiro
vos queremos saudar.

(...)

Imos moito ao teatro
que moi divertido é
e sentados nos asentos
sen podernos nin mover!
_____________________________________________________


Coplas de 4º Curso

Xa chegou a primavera
nós cantamos e bailamos,
ao carón do noso Maio
a así o festexamos!

(...)

Está ben o de estudar
e tamén o traballar,
mais querémosvos lembrar
o importante de xogar.

____________________________________________________

Coplas de 5º Curso

Nenas e nenos de quinto
vimos cantar e tocar,
agardamos que vos guste
e que vos faga gozar!

(...)

Esta nosa profe Loli
ponnos sempre moitas "Mates"
pero nós o que queremos
e que rematen as clases.

______________________________________________________

Coplas de 6º A

Somos alumnos de sexto
este curso xa marchamos,
pasaremos ao Instituto,
xa viremos visitarvos.

(...)

Damos Plástica en inglés,
chámanlle Sección Bilingüe,
pintamos con "plis" e "yes"
e aprendemos moito "inglis"

______________________________________________________

Coplas de 6º B

Este ano á Biblioteca
démoslle unha nova cara
para que nenos e profes
poidan mellor disfrutala.

(...)

Xa deixamos os de 6º
o colexio e os recreos,
marcharemos para o IES
e atoparnos outros nenos.


Unha aperta!

O.

No hay comentarios: