miércoles, 4 de mayo de 2011

Doa regresa cun novo disco sobre lírica medieval galega


La Voz de Galicia
Data de hoxe: Mércores 04 de maio de 2011

Lecer &Cultura

MÚSICA 

Doa regresa cun novo disco sobre lírica medieval galega

O grupo presenta esta tarde en Santiago «A fronda dúas cervos»
Autor: Beatriz Pallas
Localidade: redacción / A Voz
Data: 4/5/2011

Unha cantiga de Santa María de Alfonso X o Sabio era a primeira canción do primeiro disco de Doa, publicado hai 32 anos. Cun puñado de álbums creados a lume lento ao longo de tres décadas, este grupo veterano regresa hoxe a escena coa presentación en Santiago do mundo onírico e trovadoresco da fronda dous cervos, o seu quinto traballo. Trátase dun compendio de música baseada na lírica galaicoportuguesa, composicións antigas de temática popular, que inclúen a que podería ser a primeira canción protesta da historia (Porque non mundo mengou a verdade, con texto de Airas Nunes) e unha composición pioneira do feminismo (O Maroot).

«Unha das características deste disco e do grupo é a coherencia», explica Xoán Piñón, guitarra, laúde e un dos tres membros fundadores que seguen vinculados ao grupo, xunto con Bernardo Martínez (percusión e produtor musical) e Xaquín Branco (gaita). Completan o quinteto Óscar Fernández (zanfona) e Susana de Lorenzo (vocalista). «Nós non temos présa, non temos presión das modas nin das discográficas», engade Piñón.

Doa está considerado como un dos grupos pioneiros no ámbito do folk en Galicia, cun estilo único e orixinal, aínda que a súa música non goce de tanta resonancia para o gran público como outras. A fórmula para conservar intacto o seu carácter persoal foi manterse a resgardo de calquera influencia que poida prexudicarlles, como a música comercial. «O grupo protéxese fronte a ese tipo de cousas, musical e mentalmente, porque se escoitas música lixo iso queda na túa cabeza e acaba saíndo», explica Xoán Piñón.
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (España)

Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649.

No hay comentarios: