Mostrando entradas con la etiqueta 2º Curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º Curso. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de septiembre de 2012

Feliz Curso 2012 / 2013

Dende aquí vos desexo a todos un Feliz Curso 2012 / 2013 
 A importancia de entrar a un Aula de Música cunha decoración que nos invite a facer Música!!

Unha aperta!

O.  
   

lunes, 28 de mayo de 2012

Xogamos con Ritmos

Nesta ocasión preparamos unhas nubes un tanto especiais: Nubes Rítmicas. Trátase de palmear cada nube entre o grupo de alumnos/as. Logo de familiarizarse cos ritmos, a mestra elixe un ao azar e os nenos/as teñen que adiviñar de que ritmo se trata e transcribilo ás súas nubes. Este traballo gozou de moito éxito entre o alumnado do 2º Curso

Como sempre, o resultado final foi xenial. Pero para ver este resultado final terás que voltar a visitarnos!

NUBES RÍTMICAS


NUBES PARA OS ALUMNOS/AS


Unha aperta!

O.
 

jueves, 19 de abril de 2012

J. S. Bach

É importante ter coñecemento da historia da música, por iso tentamos facer pequenos achegamentos a través de audicións xa dende os primeiros cursos. Nesta ocasión, os alumnos do 2º Curso, nos deixaron moi clara a súa visión sobre a figura de Bach... Que inxenio!!!


miércoles, 12 de octubre de 2011

Silencio de TA

Aquí deixamos o bo traballo do grupo de 2º Curso, traballadores a 1ª hora da mañá!


Unha aperta!
O.

miércoles, 8 de junio de 2011

Final de curso...

Xa vai chegando o final do curso 2010/2011... Uf, pasou voando... Xa estamos preparando con esforzo e entusiasmo as actuacións para o festival do 21 de xuño, que ademáis coincide co Día da Música! E xa estamos preparando tamén o traballo das clases para que cada alumno/a presuma na casa de todo o que aprendeu neste curso, e tamén presuma das cousas que non se pode levar no papel!

A seguir traballando!

Unha aperta,

O.

lunes, 9 de mayo de 2011

Maios 2011 / CEIP de Viñas

No CEIP de Viñas xa celebramos os Maios`11. Despois de preparalos con moita ilusión, preparar as coplas, musicalas, preparar as flores para decorar o Maio... por fin os celebramos! As coplas foron realmente boas! Deixamos por aquí algunhas delas:


Coplas de Infantil

Este ano a nosa Biblio
mellorou un mogollón
temos moitos contos novos
ata pantalla e canón!

(...)

Cando nos vindes buscar
poderedes atopar
unha cheminea enorme
que seguro os molará!

__________________________________________________

Coplas 1º Curso

 Aquí están os nosos Maios
que nós vimos a cantar
con ledicia e bo gusto
co desexo de agradar.

(...)

A nosa profe Maricha
fainos pór boca de pez
e coa nosa profe Olga
cantamos todos á vez.

___________________________________________________

Coplas de 2º Curso

Chega o Maio florido,
chega o Maio namorado,
os alumnos de segundo
imos intentar cantalo.

(...)

Agora nos despedimos,
agora xa rematamos,
esperamos un aplauso
polo ben que as cantamos!

_____________________________________________________

Coplas de 3º Curso

Ao redor deste Maio
temos moito que contar
os alumnos de terceiro
vos queremos saudar.

(...)

Imos moito ao teatro
que moi divertido é
e sentados nos asentos
sen podernos nin mover!
_____________________________________________________


Coplas de 4º Curso

Xa chegou a primavera
nós cantamos e bailamos,
ao carón do noso Maio
a así o festexamos!

(...)

Está ben o de estudar
e tamén o traballar,
mais querémosvos lembrar
o importante de xogar.

____________________________________________________

Coplas de 5º Curso

Nenas e nenos de quinto
vimos cantar e tocar,
agardamos que vos guste
e que vos faga gozar!

(...)

Esta nosa profe Loli
ponnos sempre moitas "Mates"
pero nós o que queremos
e que rematen as clases.

______________________________________________________

Coplas de 6º A

Somos alumnos de sexto
este curso xa marchamos,
pasaremos ao Instituto,
xa viremos visitarvos.

(...)

Damos Plástica en inglés,
chámanlle Sección Bilingüe,
pintamos con "plis" e "yes"
e aprendemos moito "inglis"

______________________________________________________

Coplas de 6º B

Este ano á Biblioteca
démoslle unha nova cara
para que nenos e profes
poidan mellor disfrutala.

(...)

Xa deixamos os de 6º
o colexio e os recreos,
marcharemos para o IES
e atoparnos outros nenos.


Unha aperta!

O.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Toda unha orquestra!

Hoxe tivemos unha clase tranquila e divertida, tanto foi así que aproveitamos o tempo e tocamos a instrumentación Orff, que tanto lle gusta a todos... Os alumnos/as de 2º Curso quérense presentar!

















Unha aperta!

O.

martes, 22 de febrero de 2011

O Caxixi

O caxixi é un instrumento que chegou de agasallo este curso escolar ao CEIP de Viñas. É un instrumento que gusta moito a todos os alumnos/as e nos acompañamentos todos o queren tocar! así que haberá que ampliar caxixis de cara o próximo curso. Xa veremos xa veremos...

Deixamos por aquí unha pequena reseña:
É un instrumento de orixe africana, con forma de pequeno cesto de palla trenzada que pode ter varios tamaños e pode ser doble ou triple. Tócase axitando. No seu interior ten trozos de acrílico, arroz e semillas secas.



















Os nosos caxixis

Unha aperta!

O.

miércoles, 9 de febrero de 2011

2º curso....

Hoxe abrimos o día cos alumnos de 2º Curso. Teño que dicir que melloraron moito dende o inicio de curso e teño que felicitalos a todos. En cada clase, aproveitando ao máximo o pouco tempo que temos, tentamos introducir aos nenos e nenas no amplo e fascinante mundo da música. 

Coma sempre, iniciamos a clase cunha audición no noso recuncho. Acompañamos a música cos instrumentos, algo que lle encanta a todos... Despois acostumamos a facer un roda collidos das mans para traballar a percusión corporal, facer algún xogo, aproveitamos tamén este espazo para traballar expresión vocal, etc. Despois de triunfar cuns ritmos que eles mesmos crearon, chegou o momento de mans á obra... O momento da ficha lles agrada aos alumnos normalmente. Hoxe traballamos co pentagrama, liña e  espazo. 

 Laura e Celeste concentradas no traballo
A obra rematada e exposta!

Parabéns a todos!

Unha aperta,

O.

lunes, 31 de enero de 2011

Día da Paz 2011

O MerLo deixa no blog un resumo en vídeo da actividade para a Paz "Titiras para o Mundo". Aproveitamos para engadir música para a Paz...

Nota Importante: non esquezas pinchar no Pause do reproductor do Canto do Merlo, para que non se superpoñan os sons.



Apertas,

O.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Parabéns!

Teño que darvos unha boa noticia... A nosa frase do blog, a que aparece no pentagrama do título do blog: "A música é o segredo a voces para ser feliz", foi unha das gañadoras e seleccionadas para a elaboración do calendario do noso blog amigo Ritmo en los Barrios de Nicaragua. O Merlo está feliz e quere compartir a súa felicidade con todos os nenos e nenas do CEIP de Viñas!

Aínda que xa temos un enlace ao noso blog amigo dende a lista de blogs, vos deixo un enlace directo nesta entrada de Ritmo en los Barrios de Nicaragua, e un vídeo onde podedes ver unhas fotografías que reflicten todo o seu traballo musical. Verdadeiramente paga a pena coñecer todo o traballo que se está levando a cabo nesta parte do mundo...



Enlace: Ritmo en los Barrios de Nicaragua

Apertas!