Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de abril de 2012

Xogamos con Ti - Ti Ta

Os máis pequenos son os que máis nos sorprenden...



Unha aperta!

O.

lunes, 19 de septiembre de 2011

Un saúdo de 1º

Xa estamos en pleno curso! As clases van tomando forma pouco a pouco. Pasou xa a primeira semana, moitos somos xa coñecidos, outros viñeron novos, algunhas profes e tamén bastantes alumnos. No 1º Curso hai moitas caras novas, que desexo que veñan con moitísmas ganas de traballar e aprender .  Outras caras, como Vicente, Pape Mor, Ángela, Alex, Zaka... son xa coñecidos que estrean Primaria este ano. Nótase ademáis que traballaron moi ben en Infantil, con esto xa temos moito adiantado. Unha aperta para todos e feliz curso 2011/2012.


miércoles, 8 de junio de 2011

Final de curso...

Xa vai chegando o final do curso 2010/2011... Uf, pasou voando... Xa estamos preparando con esforzo e entusiasmo as actuacións para o festival do 21 de xuño, que ademáis coincide co Día da Música! E xa estamos preparando tamén o traballo das clases para que cada alumno/a presuma na casa de todo o que aprendeu neste curso, e tamén presuma das cousas que non se pode levar no papel!

A seguir traballando!

Unha aperta,

O.

martes, 19 de abril de 2011

Fagamos unha roda... especial

En Infantil acostumamos a traballar en roda, como é natural. Pero ás veces non é doado que funcione porque os cativos se dispersan. Pero esta vez fixemos a roda á primeira e con moito gusto! Por iso quixemos conxelar este precioso e sonoro momento! Moita música se respira por aquí...



















Unha aperta!

O.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Pianistas moi especiais...

Os cativos de Infantil estiveron descubrindo o fantástico mundo do piano, e vos sorprenderiades co ben que interpretaron as súas pezas improvisadas... Aquí temos grandes músicos!











Unha aperta!

O.

jueves, 24 de febrero de 2011

"A janelinha fecha"

Hoxe quedei gratamente sorprendida cos alumnos de Infantil 4 e 5 anos. Tiña preparada unha nova canción que cando a escoitei me fascinou para ensinala en Infantil. Pensaba que non ía gustar moito, porque é tranquila e non ten unha música estridente. Pensamos ás veces que as audicións para estas idades teñen que ter ritmos acelerados e unha instrumentación moi variada para chamar a súa atención, pero non ten que ser así. "A janelinha fecha" é unha canción calmada que consegue atraer a atención dos cativos destas idades, fácil de aprender e cantar cunha instrumentación rica e de calidade.

Quixera deixar o audio no blog, pero non o atopo na rede, así que deixamos a reseña e vos animamos a que merquedes este fantástico libro-disco para as vosas Bibiliotecas.

Reseña do libro-disco:
Recopilación de Magdaleine Lerasle
Ilustracións de Auréli Fronty
Música de Paul Mindy
Editorial Kókinos, 2005











O Cancionero infantil del papagayo (Brasil y Portugal en 30 canciones infantiles) pertence a unha serie de libros ilustrados, de gran tamaño, que recopilan cancións populares infantiles e inclúen un disco coa grabación de todas elas. Outros títulos son A la sombra del olivo (El Magreb en 29 canciones infantiles), Canciones infantiles y nanas del baobab (El África negra en 30 canciones infantiles) e Cancioncillas del jardín del Edén (28 canciones judías). Os orixinais son da Editorial Didier e a versión española, da Editorial Kókinos (con traducción e adaptación de Miguel Ángel Mendo).

Unha aperta,

O.



martes, 22 de febrero de 2011

O Caxixi

O caxixi é un instrumento que chegou de agasallo este curso escolar ao CEIP de Viñas. É un instrumento que gusta moito a todos os alumnos/as e nos acompañamentos todos o queren tocar! así que haberá que ampliar caxixis de cara o próximo curso. Xa veremos xa veremos...

Deixamos por aquí unha pequena reseña:
É un instrumento de orixe africana, con forma de pequeno cesto de palla trenzada que pode ter varios tamaños e pode ser doble ou triple. Tócase axitando. No seu interior ten trozos de acrílico, arroz e semillas secas.



















Os nosos caxixis

Unha aperta!

O.

Un novo martes con EI 3

Hoxe pasou a clase de música voando! Cando o pasamos ben, disfrutamos e aprendemos...o tempo voa! Os cativos de 3 anos hoxe tiveron a oportunidade de tocar o carillón,  e saben improvisar fantásticamente ben! Todos disfrutaron e sobre todo, todos e cada un deles tocou a seu carillón con gran agarimo, por iso soaba tan ben...

 Laura, Noelia e Bassine encantadas co carillón

 Miguel moi concentrado

 Hugo facendo a súa improvisación

 Awa deleitándonos co seu carillón

 Karla moi concentrada

 Ángela probando probando

 Cecilia posando e tocando

 Bassine descubrindo a súa musicalidade

 Noelia encantada co carillón de cores

 Laura fascinada polo son do carillón...

 Fran e Lucía compartindo a ledicia de improvisar

 Miguel, Hugo, Awa e Karla nunha interpretación conxunta

 E xa tocou deixar descansando aos carillóns despois de tanta creación

Unha aperta!

O.

jueves, 17 de febrero de 2011

O noso xilófono. EI 4 e 5

Estreamos o novo material de Galinova. A ver que vos parece o noso xilófono de cores (agasallo de Nadal) e os nosos xilófonos en papel. A ver si os diferenciades... ejemmm...

 A nosa obriña de arte

Un dos nosos agasallos

Unha aperta,

O.


martes, 8 de febrero de 2011

A nosa primeira fichiña... EI 3

Non é doado seguir un diario do traballo das clases, por iso ás veces o Merlo decide deixar nesta bitácora, temas relevantes do mundo da música, a nosa prensa musical (indispensable para cultivarnos), fotos significativas... e un longo etc. Pero imos con calma, máis ou menos acabamos de nacer na rede! 

Pero xa podemos ir facendo un pequeno balance das clases. Hoxe abrimos o día cos cativos de Educación Infantil de 3 anos. A verdade, é unha delicia levalos á aula do Merlo, sempre están de bo humor e sempre dispostos a disfrutar tocando todos os instrumentos (que si por eles fora... tocarían todos á vez!), cantando, bailando e incluso... traballando en fichas! Hoxe, xa sumerxidos no segundo trimestre, o Merlo decidiu comezar cun pequeno exercicio circular en forma de gusano musical, pois a música no papel precisa dese movemento circular. Todos os alumnos foron felicitados, traballaron moi ben, nada que ver con aquela primeira posta en escena que fixemos no mes de outubro para avaliar como ía a taballar o Merlo cos cativiños de 3 anos.

Como non, unha vez máis, todos saíron cun flamante punto verde no seu casilleiro. Ademáis, encantados de cantar novamente cancións de Mama Cabra acompañándoas cos instrumentos que chegaron este ano de agasallo.

Ola! somos os cativiños de Educación Infantil 3 anos

Unha aperta,

O.

lunes, 31 de enero de 2011

Día da Paz 2011

O MerLo deixa no blog un resumo en vídeo da actividade para a Paz "Titiras para o Mundo". Aproveitamos para engadir música para a Paz...

Nota Importante: non esquezas pinchar no Pause do reproductor do Canto do Merlo, para que non se superpoñan os sons.



Apertas,

O.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Parabéns!

Teño que darvos unha boa noticia... A nosa frase do blog, a que aparece no pentagrama do título do blog: "A música é o segredo a voces para ser feliz", foi unha das gañadoras e seleccionadas para a elaboración do calendario do noso blog amigo Ritmo en los Barrios de Nicaragua. O Merlo está feliz e quere compartir a súa felicidade con todos os nenos e nenas do CEIP de Viñas!

Aínda que xa temos un enlace ao noso blog amigo dende a lista de blogs, vos deixo un enlace directo nesta entrada de Ritmo en los Barrios de Nicaragua, e un vídeo onde podedes ver unhas fotografías que reflicten todo o seu traballo musical. Verdadeiramente paga a pena coñecer todo o traballo que se está levando a cabo nesta parte do mundo...



Enlace: Ritmo en los Barrios de Nicaragua

Apertas!