Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de junio de 2012

AULA VIRTUAL EDMODO

Unha nova, rapaces!

Edmodo é unha plataforma social educativa que permite a comunicación entre alumnos e profesores nun entorno pechado e privado. Esta plataforma permite, por exemplo, enviar traballos e tarefas aos alumnos, reforzar contidos de clase mediante contido web e compartir archivos.  Actualmente é gratuita e sen publicidade.

Paréceme moi interesante para ampliar a comunicación entre o grupo-clase, principalmente alumnado de 3º Ciclo, e estirar un pouquiño este horario tan reducido que temos coa materia de Música.

Aquí está a aperiencia de Edmodo. Xa falaremos máis acerca deste tema. "O Canto do Merlo" xa creou Aula Virtual, para entrar neste grupo precisades entrar como estudantes e introducir un código de grupo.




Unha aperta!

O.

viernes, 1 de junio de 2012

Parabéns a David Vaamonde López!

Non quero deixar de compartir esta gran noticia musical. Hoxe no xornal, na contraportada, aparecía esta noticia sobre este neno, David, de 13 anos. Toca o piano dende os 6 anos e vai ter o privilexio de acompañar en concerto a Lang Lang, recoñecido como un dos mellores pianistas do momento. Nada máis ver esta noticia, non dubidei nin un segundo en compartila cos meus alumnos/as. Por suposto quedaron abraiados e orgullosos de que un colega galego chegue tan alto. Parabéns, David! 

Aquí está a noticia, pincha nela para ampliar a imaxe 


Unha aperta!

O.

jueves, 23 de febrero de 2012

Saúdos despois de moito tempo!

Ola a todos!

Antes de nada o Merlo quere pedir disculpas pola tardanza na actualización de contidos do blog!

A verdade é que estamos a traballar coma nunca! Dentro de pouco actualizaremos as seccións como se merecen. Daremos a coñecer os traballos de aula e algunha sorpresa. Pasou tamén o Día da Paz e o Entroido. Hoxe mesmo estamos de volta destes días de troula. Creo que todos voltamos con ganas de seguir aprendendo...

Deixo unha aperta ben forte!

O.

lunes, 19 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS!!!

Xa se aproximan as vacacións de Nadal. No CEIP de Viñas xa estamos sumerxidos nas panxoliñas que animan todo o colexio. Cada curso sae a cantar a súa, é unha sorpresa, cantamos polos pasillos a os alumnos que están en clase saen asombrados. Deste xeito creamos un bonito ambiente navideño no colexio. 

O Merlo seguirá a traballar neste blog! Polo de agora... deséxavos unhas FELICES FESTAS e que o ano novo 2012, veñas cargado de Paz e Felicidade, moitas ganas de estudar e traballar, e como non, de cantar!!

Unha aperta!

O.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Seguimos traballando...

O Merlo quere pedir mil disculpas polo retraso nas publicacións no blog!! A verdade é que estamos que non paramos e sen internet na casiña do Merlo, o que dificulta esta tarefa. Pero en canto este problemiña se resolva, volveremos a dar a coñecer o noso día a día, o noso traballo, que con tanto esmero preparamos.

Xa estamos estrenando novo compositor, este mes toca Johann Sebastian Bach. Todos os alumnos están fascinados coa súa vida, coa súa loucura pola música. E como non, todos quedaron abraiados coa súa música. Estamos a ver un concerto dun dos seus famosos concertos: "Concierto de Brandenburgo". Aquí o compartimos con todos vós!


Unha aperta!

O.

jueves, 13 de octubre de 2011

O compositor do mes é... VIVALDI

Por fin rematamos o mural do compositor do mes. Traballo dos alumnos e alumnas de 6º Curso. Agora xa estamos pensando na investigación do compositor do próximo mes! Podedes ver algunha foto:



Unha aperta!

O.

jueves, 29 de septiembre de 2011

Os nosos murais

Aquí gañan os seus puntos os Merliños de Infantil, 1º, 2º e 3º Curso. 


Xa estamos preparando o mural para mostrar na porta de entrada 
o compositor do mes,  unha das novidades deste curso.


miércoles, 21 de septiembre de 2011

Xornada de folga

O CEIP de Viñas únese á xornada de folga dos centros educativos e ao paro de brazos caídos do martes 20 de setembro de 2011. Estamos en contra dos recortes que se están a facer no ensino PÚBLICO, recortes que non fan máis que rebaixar a calidade dos nosos colexios.


lunes, 27 de junio de 2011

"Música, la Cenicienta escolar"

Esta vez vou deixar un artigo de opinión que atopei hoxe na prensa e que me parece moi valioso. Invito a todo aquel que pase por aquí  a que lea este artigo con moita atención.

Artigo de opinión por Fernando Argenta e Javier Atance 
Autores do Proxecto "Siente la Música" de Editorial Pearson

"MÚSICA, LA CENICIENTA ESCOLAR"

"Cuando nace una afición, la música por ejemplo, siempre hay detrás, al fondo, unas personas, nuestros padres, que en un momento dado nos enseñaron el placer de escuchar y disfrutar de los sonidos desde nuestra más tierna infancia, porque el amor por la música se hereda y casi siempre empieza en el propio hogar y crece si se sigue potenciando desde la escuela.

Pero la legislación educativa no favorece ni da la importancia que merece a la música en la escuela. La LOE ha sido injusta con el horario y el tratamiento dedicadoa la Educación Musical dentro del Área de Educación Artística en Primaria.

¿Qué podemos hacer ante semejante injusticia? ¿Cómo potenciar desde la escuela la Educación Musical con tan poco tiempo dentro del horario lectivo? La única solución es implicar al propio alumnado y a las familias en estos aprendizajes y motivar desde los libros y con la ayuda de las nuevas tecnologías, para que el aprendizaje musical se prolongue y continúe desde casa trabajando los contenidos que desde el aula se imparten, siempre de forma dinámica, lúdica e interactiva.

La música es la Cenicienta escolar, como las artes en general en la enseñanza, y los despropósitos legislativos debemos corregirlos con nuevos materiales creativos y motivadores que amplíen este horario escolar, no en forma de los duros deberes tradicionales sino creando climas de aprendizaje favorables para que el propio alumno, y por iniciativa propia, siga en casa trabajando la música aprendida en el colegio de forma divertida y sin imposiciones ni obligaciones.

Y en eso estamos. La tarea principal de los autores de libros de Educación Musical es abrir caminos y proponer soluciones; y luego, el alumnado aprovechar esos libros, cuadernos,  y CD audio, y CD Rom para darse oportunidades y abrir los oídos y el corazón a un mundo nuevo que les va a sorprender disfrutando.

También es muy importante que la música entre en la familia y forme parte de ella. Escuchar y hacer música en casa es algo que une a los miembros de una familia tanto como asistir juntos a un concierto, y los nuevos materiales curriculares que ahora se están creando favorecen y facilitan escuchar música juntos y realizar actividades interactivas en la propia casa. 

El gran experto en la cultura de la comunicación, el canadiense Marshall McLuhan, demostró la diferencia entre medios fríos, como las pantallas de los ordenadores o las pizarras interactivas, y calientes, como el libro. Nosotros creemos que son compatibles y que podemos ser fieles a ambos y aprender por las dos partes. La tecnología es la magia de nuestro siglo. Hemos tenido la suerte de vivir un tiempo, el actual, donde el futuro se ha hecho presente y la ciencia-ficción se ha convertido en realidad. Las nuevas tecnologías nos han cambiado la vida y eso se traduce en poder hacer cosas hace pocos años impensables, como la posibilidad de aprender música de forma divertida e interactiva desde los libros, los equipos de música de alta fidelidad y los ordenadores.

Todos los libros son puertas abiertas al futuro (...)

Tenemos una gran duda cuando enseñamos música, o mejor, cuando intentamos aficionar a la música. La música no es un don que nosotros intentamos que adquieran los alumnos sino un regalo que ellos nos hacen a nosotros. Sin los niños nuestros proyectos no serían nada, ni disfrutaríamos como ahora lo hacemos, creando materiales que les ayuden a aprender y llegar lejos.

Hemos tenido muy en cuenta que la música es para todos, no sólo para los niños prodigio y los virtuosos. No creemos que la música y la danza tengan que ser disciplinas de adiestramiento con el objetivo de crear niños prodigio e intérpretes fantásticos, sino que han de desarrollar unas capacidades y competencias básicas que van mucho más allá de lo que es una mera Educación Musical. Muchos niños actuales, y otros de hace años, adultos ya ahora, han llegado a conocer, comprender y amar la música clásica a través de programas de radio y televisión como Clásicos Populares o el Conciertazo, y además lo han hecho de forma amena y motivadora (...)

______________________________________________________

Unha aperta!

O.

miércoles, 22 de junio de 2011

FELICES VACACIÓNS!

FELICES VACACIÓNS!!!

Parabéns pola vosa fantástica actuación! 




Unha aperta!

O.

miércoles, 15 de junio de 2011

Actividades musicais no verán!

 Si queredes ter un verán musical... pinchade no enlace que aparece debaixo da imaxe e lede con moita atención a oferta do Concello de Poio para todos os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos!






















ENLACE:
http://www.concellodepoio.es/turismo.php?area=02&seccion=25&subseccion=111&evento_ref=00479

miércoles, 8 de junio de 2011

Proxecto LOVA, unha iniciativa para ter en conta...

Interesante...
http://proyectolova.es/


Unha aperta,

O.

Final de curso...

Xa vai chegando o final do curso 2010/2011... Uf, pasou voando... Xa estamos preparando con esforzo e entusiasmo as actuacións para o festival do 21 de xuño, que ademáis coincide co Día da Música! E xa estamos preparando tamén o traballo das clases para que cada alumno/a presuma na casa de todo o que aprendeu neste curso, e tamén presuma das cousas que non se pode levar no papel!

A seguir traballando!

Unha aperta,

O.

lunes, 9 de mayo de 2011

Maios 2011 / CEIP de Viñas

No CEIP de Viñas xa celebramos os Maios`11. Despois de preparalos con moita ilusión, preparar as coplas, musicalas, preparar as flores para decorar o Maio... por fin os celebramos! As coplas foron realmente boas! Deixamos por aquí algunhas delas:


Coplas de Infantil

Este ano a nosa Biblio
mellorou un mogollón
temos moitos contos novos
ata pantalla e canón!

(...)

Cando nos vindes buscar
poderedes atopar
unha cheminea enorme
que seguro os molará!

__________________________________________________

Coplas 1º Curso

 Aquí están os nosos Maios
que nós vimos a cantar
con ledicia e bo gusto
co desexo de agradar.

(...)

A nosa profe Maricha
fainos pór boca de pez
e coa nosa profe Olga
cantamos todos á vez.

___________________________________________________

Coplas de 2º Curso

Chega o Maio florido,
chega o Maio namorado,
os alumnos de segundo
imos intentar cantalo.

(...)

Agora nos despedimos,
agora xa rematamos,
esperamos un aplauso
polo ben que as cantamos!

_____________________________________________________

Coplas de 3º Curso

Ao redor deste Maio
temos moito que contar
os alumnos de terceiro
vos queremos saudar.

(...)

Imos moito ao teatro
que moi divertido é
e sentados nos asentos
sen podernos nin mover!
_____________________________________________________


Coplas de 4º Curso

Xa chegou a primavera
nós cantamos e bailamos,
ao carón do noso Maio
a así o festexamos!

(...)

Está ben o de estudar
e tamén o traballar,
mais querémosvos lembrar
o importante de xogar.

____________________________________________________

Coplas de 5º Curso

Nenas e nenos de quinto
vimos cantar e tocar,
agardamos que vos guste
e que vos faga gozar!

(...)

Esta nosa profe Loli
ponnos sempre moitas "Mates"
pero nós o que queremos
e que rematen as clases.

______________________________________________________

Coplas de 6º A

Somos alumnos de sexto
este curso xa marchamos,
pasaremos ao Instituto,
xa viremos visitarvos.

(...)

Damos Plástica en inglés,
chámanlle Sección Bilingüe,
pintamos con "plis" e "yes"
e aprendemos moito "inglis"

______________________________________________________

Coplas de 6º B

Este ano á Biblioteca
démoslle unha nova cara
para que nenos e profes
poidan mellor disfrutala.

(...)

Xa deixamos os de 6º
o colexio e os recreos,
marcharemos para o IES
e atoparnos outros nenos.


Unha aperta!

O.

martes, 12 de abril de 2011

Preparando os Maios 2011

Pois en breve xa chega o mes de maio... e con el a celebración dos Maios. As titorías xa están preparando as coplas e dende as clases de música ensaiaremos. Seguro que sae todo ben lindo! Xa vos iremos contando!

Unha aperta!

O.

lunes, 4 de abril de 2011

Celebramos o Día do Pobo Xitano

O 8 de abril celébrase o Día do Pobo Xitano, e dende a nosa Aula de Música, imos facer ao longo da semana, unha Master Class a cargo dos xitanos de cada clase para dar a coñecer a todos os segredos do flamenco... Pouco a pouca iremos deixando no blog vídeos!!

Unha aperta!

O.

domingo, 27 de marzo de 2011

Entroido 2011

E así disfrutamos o Entroido 2011 no CEIP de Viñas!

 

Unha aperta!

O.

miércoles, 16 de marzo de 2011

BOCABERTA, actividades de interese!

Deixo un enlace para que visitedes e seleccionedes as actividades que vos interesen. Mirade o vídeo de presentación...



Unha aperta!

O.

sábado, 5 de marzo de 2011

Feliz Entroido!

Pechamos por vacacións! 

O venres 4 celebramos o Entroido no noso CEIP, estivo moi ben. A verdade é que o pasamos en grande e o tempo acompañou para facer o desfile no patio e logo a degustación típica destas festas. Agora toca disfrutar do Entroido e recargar pilas!


Unha aperta!
O.