Non quero deixar de compartir esta gran noticia musical. Hoxe no xornal, na contraportada, aparecía esta noticia sobre este neno, David, de 13 anos. Toca o piano dende os 6 anos e vai ter o privilexio de acompañar en concerto a Lang Lang, recoñecido como un dos mellores pianistas do momento. Nada máis ver esta noticia, non dubidei nin un segundo en compartila cos meus alumnos/as. Por suposto quedaron abraiados e orgullosos de que un colega galego chegue tan alto. Parabéns, David!
Aquí está a noticia, pincha nela para ampliar a imaxe
Unha aperta!
O.
No hay comentarios:
Publicar un comentario