Hoxe abrimos o día cos alumnos de 2º Curso. Teño que dicir que melloraron moito dende o inicio de curso e teño que felicitalos a todos. En cada clase, aproveitando ao máximo o pouco tempo que temos, tentamos introducir aos nenos e nenas no amplo e fascinante mundo da música.
Coma sempre, iniciamos a clase cunha audición no noso recuncho. Acompañamos a música cos instrumentos, algo que lle encanta a todos... Despois acostumamos a facer un roda collidos das mans para traballar a percusión corporal, facer algún xogo, aproveitamos tamén este espazo para traballar expresión vocal, etc. Despois de triunfar cuns ritmos que eles mesmos crearon, chegou o momento de mans á obra... O momento da ficha lles agrada aos alumnos normalmente. Hoxe traballamos co pentagrama, liña e espazo.
Laura e Celeste concentradas no traballo
A obra rematada e exposta!
Parabéns a todos!
Unha aperta,
O.
No hay comentarios:
Publicar un comentario