miércoles, 2 de febrero de 2011

Nace en Ourense a asociación organística Un Rato no Tubo



Arrinca en Ourense a Asociación Cultural de Amigos do Órgano Un Rato non Tubo, con vocación de abarcar a toda Galicia. E faino na única cidade galega onde se imparte a disciplina de órgano de tubos, que dá a profesora e concertista Soledad Mendive, quen tamén presidirá a nova entidade.

O colectivo dará a coñecer o instrumento visitando os exemplares galegos. «Queremos potenciar a interpretación e difusión das obras escritas para órgano, colaborar coa formación inicial e o perfeccionamento do organista», di Mendive, ademais de desenvolver actividades didácticas colaborando cos profesores de Música. Tamén asesorarán ás parroquias onde haxa órgano e a quen decidan encargar a construción dun órgano destas características.

Unha desas actividades didácticas xa vén desenvolvendo con gran éxito. Son os concertos no gran órgano de Celanova. Desde este mes e ata maio participarán máis de 30 colexios de Galicia, cuxos alumnos acompañan ao órgano tocando a frauta. E a catalogación destes instrumentos en Galicia aínda non se completou.

Fonte: www.lavozdegalicia.es (2/02/2011)

1 comentario:

lua dijo...

Felicidades por esta iniciativa!