O 15 de novembro tivemos a oportunidade de asistir a un novo concerto no Pazo de Cultura de Pontevedra, un concerto especial. Tratouse da mistura de literatura e música, da narración dun conto con música Jazz, amosando as súas ilustracións nunha pantalla. A actividade viña da man do Seminario de Jazz de Pontevedra, aproveitando a visita duns grandes músicos da escena musical neoiorquina: Darren Barret Quintet. Foi unha actividade nova, curiosa... Serviu, entre outras cousas, para acercar este xénero musical aos nenos de 5º, 6º Curso de Primaria e 1º e 2º de ESO. A maioría dos rapaces disfrutaron da música e da narración, outros non tanto... Pero experiencias coma estas hai que tentar vivilas sempre que se presente a oportunidade.
O Merlo e os seus Merliños disfrutaron en xeral moito, porque previamente fixemos unha preparación do que sería a actividade e xa íamos predispostos para o disfrute.
Escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e ilustrado por Iban Barrenetxea
4 comentarios:
OcaNto dO MerLo superase sempre cada dia e pasome todo o dia escoitando a vosa SUPER CANCION
BO NADAL E PROSPERO ANINOVO DE PARTE DE CAMILA B.R.
Igualmente, Camila! Feliz Ano!! Pouco a pouco este blog vai crecendo, pero precisa do voso traballo e colaboración!! así que non esquezades escribir algún artigo para publicar na sección de MERLIÑOS! Unha aperta forte!!
estou de acordo con cami e o mellor
Grazas, Sabela!
Publicar un comentario