miércoles, 23 de marzo de 2011

Cristina Pato inicia unha xira por EE.UU. con Yo-Yo Ma e o seu grupo


La Voz de Galicia
Data de hoxe: Mércores 23 de marzo de 2011

Lecer &Cultura

MÚSICA Cristina Pato inicia unha xira por EE.UU. con Yo-Yo Ma e o seu grupo

A xira comezará o vindeiro domingo e servirá de respaldo ao novo disco da agrupación, «Off the map»
Autor: redacción / a voz
Data 23/3/2011

Cristina Pato forma parte desde hai cinco anos do Silk Road Ensemble, unha agrupación capitaneada polo violoncelista Yo-Yo Ma na que se agrupan preto de sesenta músicos de máis de vinte países.
A xira comezará o vindeiro domingo e servirá de respaldo ao novo disco da agrupación, Off the map. A primeira cita desta xira que tocará os principais auditorios norteamericanos será no Sanders Theater da Harvard University. En vinte días a agrupación realizará dez concertos en cidades como Los Ángeles, Houston ou a canadense Vancouver.

Cristina Pato acaba de regresar da súa xira pola India e incorpórase a esta agrupación para achegar dúas cancións tradicionais galegas, que, ademais da gaita, están arranxadas para sakuhachi, cuarteto de corda e percusión.

O repertorio desta xira, como en xeral o da agrupación fundada por Yo-Yo Ma, incorpora diferentes músicas tradicionais dos países con músicos no grupo.

Durante os próximos cinco anos, o Silk Road Ensemble desenvolverá na Harvard University o Silk Road Project, co que pretende garantir que o multiculturalismo que é identidade da agrupación sirva de exemplo para outras actividades culturais e tamén como referencia para a convivencia entre culturas. O nome da agrupación, que une a músicos de Oriente e Occidente, está tomado da coñecida ruta da Seda, que foi unha das primeiras vías de comunicación entre culturas no mundo. Respondendo a este criterio, na xira tamén se interpretarán arranxos sobre pezas tradicionais chinesas ou iranianas.
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (España)

Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649.

No hay comentarios: