Data de hoxe: Mércores 23 de marzo de 2011
Lecer &Cultura
JAZZ Galicia converterase en capital do jazz en abril
Grandes figuras do jazz daranse cita durante o próximo mes nos escenarios galegos.
- Autor: EFE
- Data 22/3/2011
- Hora: 16:24 h
O máis selecto do jazz internacional pasará o próximo mes de abril por Galicia nos nove concertos organizados pola Fundación Barrié na Coruña, Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol.
A edición de 2011 deste festival, convertido xa nun clásico, propón unha paseo polo momento actual da escena jazzística internacional da man de fillos de grandes figuras da historia do jazz como China Moses, Ravi Coltrane e Thelonious S. Monk Jr., que xa son músicos indispensables nos grandes festivais.
Xunto a eles, participarán artistas consagrados como Jan Garbarek, David Murray, Anthony Coleman, Scott Hamilton, Airto Moreira ou Trilok Gurtu, así como valores emerxentes como Sherrie Maricle & Five Play.
Un ano máis a presenza galega no ciclo está asegurada ao contar coa participación do CSM Coruña Jazz Trío, inédita formación de profesores da Aula de Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña que compartirán escenario cun saxo tenor da talla de Scott Hamilton.
Os concertos, gratuítos, terán lugar no Palacio da Ópera e a sede da fundación Barrié na Coruña, o teatro Salesianos de Vigo, o teatro Jofre en Ferrol e o teatro Principal en Santiago de Compostela.
Durante as súas dezaseis edicións, este ciclo trouxo a Galicia actuacións de figuras internacionais de primeira liña, e en moitos casos espectáculos exclusivos para España, como a Bill Holman Big Band (1999), o Dee Dee Bridgewater Malian Proyect, (2002) ou o Festival Gipsy Jazz Manouche (2006), Charlie Haden (1998 e 2002), John Zorn Electric Masada (2004) ou Pharoah Sanders Quartet (2009).
No hay comentarios:
Publicar un comentario