Vigo
Música
Co violín folk a California
Tres profesores da Escola de Música Tradicional viguesa, integrantes do grupo «Bula Timpánica», acudirán ao festival.
Efe
14/6/201119:42 h
Unha delegación de músicos galegos, procedentes fundamentalmente de Vigo, participará entre os días 18 e 26 deste mes nun curso de violín folk que se celebrará en California, e que terá á música galega como principal protagonista.
Entre os participantes nesta actividade atópanse tres profesores da Escola de Música Tradicional viguesa, integrantes do grupo «Bula Timpánica», informou unha nota da formación. Trátase de Afonso Franco e Afonso Merino, que se ocuparán do ensino do violín folk, e Xosé Liz, que impartirá clases de bouzouki e guitarra.
Acompañaranlles no curso o músico Xabier Feijoó, «Chisco», que dará leccións de canto popular e de baile, e os integrantes do grupo de baile Fiadeiro, que se centrarán nas clases de baile e pandereita.
O festival, denominado «Sierra Fiddle Camp», reunirá a máis de 300 músicos de violín folk, procedentes fundamentalmente de Estados Unidos e Canadá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario