Lecer &Cultura
PREMIOS DA MÚSICA
Abe Rábade e Baldo Martínez, finalistas dos Premios UFI ao mellor disco de jazz
- Autor: J.T. redacción / a voz
- Data 8/6/2011
Os intérpretes galegos Abe Rábade e Baldo Martínez, a dúo con Maite Doo, son finalistas ao mellor disco de jazz dos Premios da Música Independente polos seus proxectos Zigurat e Sons-Nús, respectivamente, ambas as gravacións distribuídas por Nuba Records S. L.-Karonte Distribucións. Esta designación supón un novo recoñecemento para o jazz galego, despois de que o pasado ano o contrabajista Baldo Martínez colocase o seu Projecto Miño tamén como finalista dos Premios da Música. Estes galardóns, que concede a Unión Fonográfica Independente (UFI), permite ao público votar polos seus artistas preferidos ata o 15 de xuño a través da web www.premiosdelamusicaindependiente.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario