Mostrando entradas con la etiqueta MerLiños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MerLiños. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de abril de 2011

Concerto de Sakapatú!

 REPORTEIROS: Óscar e Alex

Unha das actividades que máis nos gustou ata agora foi o concerto de música peruana do grupo Sakapatú! Algún instrumento que vimos nese concerto foron: quixada de burro, quena, chaj-chaj, zampoñas... Este concerto foi o 28 de outubro de 2010.

Os integrantes do grupo de  Sakapatú! eran de Perú e de Chile. Cantaron unha canción que nos ensinaron na clase de Música, a canción titulábase "Poco a poco". Deixáronnos cantar e ata fixemos un rap cos artistas de Sakapatú! Os alumnos/as do CEIP de Viñas fomos os máis animados do concerto. 

A profe de Música troúxonos instrumentos de Perú á clase de Música, e no concerto nos regalaron unha mochila. Pasámolo moi ben!!

 Os nosos reporteiros: Óscar e Alex

jueves, 24 de marzo de 2011

A clase de música

REPORTEIRAS: Yolanda e Noemi 5ºA

Na clase de música  facemos cousas divertidas: tocamos instrumentos coma a frauta, os cascabeis, o chaj -chaj, ect. Tamén facemos traballos e aprendemos cancións. No Nadal fomos cantando por todas as clases, e cando sexa o Día do Pobo Xitano o celebraremos cunha sorpresa moi grande! Este ano chegaron instrumentos novos ao colexio! O noso instrumento favorito é o piano. É un instrumento de corda. O pasamos moi ben!

As nosas reporteiras Yolanda e Noemí

jueves, 16 de diciembre de 2010

Os MerLiños tamén teñen a súa sección!

Aquí tedes a vosa sección para que escribades todo o que queirades relacionado co mundo da música: cancións que vos gusten, xogos musicais, contos musicados que vos gusten, instrumentos preferidos, instrumentos que vos gustaría tocar, desenvolvemento das clases de música, noticias de prensa musical... Todo o que queirades!

Unha aperta!

Para publicar falade con Olga