REPORTEIROS: Óscar e Alex
Unha das actividades que máis nos gustou ata agora foi o concerto de música peruana do grupo Sakapatú! Algún instrumento que vimos nese concerto foron: quixada de burro, quena, chaj-chaj, zampoñas... Este concerto foi o 28 de outubro de 2010.
Os integrantes do grupo de Sakapatú! eran de Perú e de Chile. Cantaron unha canción que nos ensinaron na clase de Música, a canción titulábase "Poco a poco". Deixáronnos cantar e ata fixemos un rap cos artistas de Sakapatú! Os alumnos/as do CEIP de Viñas fomos os máis animados do concerto.
A profe de Música troúxonos instrumentos de Perú á clase de Música, e no concerto nos regalaron unha mochila. Pasámolo moi ben!!
Os nosos reporteiros: Óscar e Alex
No hay comentarios:
Publicar un comentario