Data de hoxe: Luns 04 de abril de 2011
Lecer &Cultura
descubrimento
Localizados fragmentos novos da zarzuela «Luisa Fernanda»
- Autor: Madrid / efe
- Data 4/4/2011
Os responsables do Centro de Documentación e Arquivo presumen de que este fondo é «o Prado da zarzuela» porque alberga case todo o xénero lírico español, 10.000 zarzuelas e 1.700 partituras, ás que se suma un novo tesouro, dúas danzas e un ballet inéditos de Luisa Fernanda. O descubridor, Ignacio Jassa, traballa desde comezos de ano como documentalista neste arquivo situado no soto da SGAE. Jassa relata o seu achado: mentres reordenaba todos os materiais de Luisa Fernanda, descubriu decenas de partituras correspondentes a dúas danzas e un ballet. Os inéditos estaban destinados a substituír un número instrumental sobre o que se desenvolvía unha escena falada do segundo acto, mentres que o ballet é a continuación das danzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario