Lecer &Cultura
CGAC
Comeza a segunda edición do ciclo «Música e arte: correspondencias sonoras».
A proposta vincula a música contemporánea con cada unha das exposicións que se exhiben actualmente no citado centro.
- Autor: EFE
- Data 6/4/2011
- Hora: 20:29 h
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) presentou hoxe a segunda edición do ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, unha proposta que vincula a música contemporánea con cada unha das exposicións que se exhiben actualmente no citado centro, segundo informou a Xunta nun comunicado.
Nesta segunda edición de Música e arte: correspondencias sonoras serán tres as mostras: unha exposición sobre a artista italo-brasileira Anna María Maiolino, producida pola Fundación Tàpies en colaboración co CGAC e o Malmö Konsthalle; unha mostra colectiva titulada Estades preparados para a televisión? e coproducida polo CGAC e o MACBA de Barcelona, e, para rematar, a exposición individual do artista norteamericano Jeff Wall, que pechará o programa anual de exposicións.
Os concertos terán lugar no auditorio do CGAC de abril a novembro con entrada libre. Ademais, antes de cada concerto realizar visitas guiadas ás exposicións do centro conducido por profesionais do ámbito cultural e artístico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario