lunes, 18 de abril de 2011

A sinfonía é cousa de nenos


La Voz de Galicia
Data de hoxe: Luns 18 de abril de 2011

Lecer &Cultura

CLÁSICA 

A sinfonía é cousa de nenos

Actuarán na Coruña o próximo 25 de abril.
Autor: Rodri García
Localidade: A Coruña / a voz
Data 17/4/2011
 
 
Empezaron a ensaiar en xaneiro, todos os sábados, pero onte foi a primeira vez que o fixeron no escenario principal do Palacio da Ópera da Coruña. «E agora A maior, unha vez máis». «Baixos e chelos compás 13». «Imos facer un xogo: á primeira variación quedan só os pequenos. É un xogo de dinámica como se facía no barroco». Na mañá de onte, Enrique Iglesias daba indicacións, animaba, impulsaba e dirixía aos máis de cincuenta músicos de 6 a 15 anos que forman a nova Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia. Máis tarde detallaba: «A convocatoria fíxose para os que tivesen de 7 a 15 anos, a pequena de 6 é unha excepción, é a filla duns músicos».

Todos tocan instrumentos de corda. Algún pedía axuda e Jorge Montes acudía a resolver dúbidas ou afinar un violín. Tamén corrixía posturas. Unha chelo anotaba cun lapis na partitura ante a petición de «dedicarlle un tempo».

A Sinfónica de Galicia fixo unha convocatoria para formar a Orquestra Infantil e «apareceron máis de cen», dicía Iglesias , despois de máis dunha hora de ensaio e de dirixirse aos máis pequenos: «Moitas grazas a todos e deixade as partituras».

«Entre 7 e 15 anos, temos que facer dous grupos, porque hai moita diferenza», detallaba Iglesias , mentres Jorge Montes renovaba o ensaio cos maiores. Entre os espectadores estaban varios pais e o director da Orquestra Nova da OSG, Alejandro Sanz, que, tras escoitar varias interpretacións tamén corrixía detalles.

«Isto soa moi ben, non esperaba algo así», dicía Oriol Pons, xerente da OSG, pouco despois de chegar ao ensaio. Logo comentaba con Iglesias a presenza de polo menos unha superdotada entre o grupo de músicos e as posibles alternativas. «Nós non podemos darlle formación personalizada», apuntaban, antes de escoitar unha nova obra con Jorge Montes animando: «Isto coma se fósemos de festa».

En bus desde Ourense 
«Ás seis e media da mañá», dicía unha moza sostendo o seu contrabaixo. É a hora á que se levantan os sábados ela e outros seis compoñentes desta Orquestra Infantil para asistir aos ensaios: Veñen en bus desde Ourense. «Teñen moito mérito», apuntaba Iglesias , que sinalaba que outros músicos proceden de Santiago, Lugo ou Ferrol, o que supón un gran esforzo por parte dos pais e os rapaces.

Os pequenos ensaian hora e media cada dúas semanas e os maiores tres horas todos os sábados. Onte levaron unha sorpresa, e sorprenderon. Cerca do mediodía, Montes preguntoulles: «¿Sabedes quen é Jesús López Cobos?». «É director de orquestra», responderon varios. E López Cobos, que levaba un tempo escoitándolles achegouse entón para saudalos: «Foi unha sorpresa porque soa moi ben», apuntou o principal director invitado da OSG. E díxolles: «O importante nunha orquestra é o conxunto». Logo seguiron ensaiando. O día 25 será o seu primeiro concerto e, sen dúbida, sorprenderán.
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (España)

Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649.

No hay comentarios: