jueves, 28 de abril de 2011

Ravi Coltrane publicará un disco cun directo inédito do seu pai


La Voz de Galicia
Data de hoxe: Xoves 28 de abril de 2011

Lecer &Cultura

JAZZ 

Ravi Coltrane publicará un disco cun directo inédito do seu pai

Esta tarde actuará no Auditorio da Fundación Barrié da Coruña, cun pase ás 20.30 e outro unha hora máis tarde
Autor: R.G. A Coruña / A Voz
Data 28/4/2011
 
 
Coltrane entende o jazz como unha conversación na que «é necesario ter idea dos gustos do público para tocar algo que non lles asuste». Esta tarde actuará no Auditorio da Fundación Barrié da Coruña, cun pase ás 20.30 e outro unha hora máis tarde, e onte xa adiantaba que non serán dous concertos iguais.

Rave Coltrane (Long Island, 1965) é bo conversador e non lle importa deixar no aire a curiosa dúbida de se o seu último concerto foi en España ou en Portugal. Nesta dobre sesión estará acompañado por Luis Perdomo ao piano, Drew Gress no Contrabaixo) e E.J. Strickland tocando a batería.

O segundo fillo do lendario saxofonista John Coltrane e da pianista Alice Coltrane confesou que está influenciado pola música do seu pai «en todos os sentidos», pero esa certeza non lle impide entender a necesidade de buscar o seu propio camiño. «Teño claro que hai que ter unha voz persoal, é algo que aprendín dos meus pais», declarou o músico onte na sede da Fundación Barrié na Coruña.

Nunha reflexión que acompaña co voo case continuo das súas mans, o saxofonista apuntou: «Teño que descubrir o que vou facer; estamos a crear, non imitando. Hai que buscar o descoñecido, expresarme é moito máis que conservar a memoria dos que nos precederon».

Coltrane, que recibiu o nome de Ravi en honra do músico indio Ravi Shankar, explicou que desde a morte da súa nai encárgase da xestión de todo o legado dos seus pais, entre eles unha casa que pretende converter en museo, os dereitos de autor e as obras musicais inéditas. Sobre estas últimas anunciou que, para o próximo outono, está prevista a publicación dun disco inédito do seu pai que recolle un concerto do ano 1966 en Filadelfia.
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (España)

Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649.

No hay comentarios: