sábado, 30 de abril de 2011

Arteta: «A Sinfónica de Galicia é como o Barça»


La Voz de Galicia
Data de hoxe: Sábado 30 de abril de 2011

Lecer &Cultura

CONCERTO 

Arteta: «A Sinfónica de Galicia é como o Barça»

A soprano, que actúa mañá coa OSG, encomia a canteira musical que creou a formación galega
Autor: Rodri García
Localidade: A Coruña / A Voz
Data: 30/4/2011
 
 
«Belo, bellísimo este concerto, pero difícil; primeiro porque son dous estilos moi distintos Strauss na primeira parte e Puccini na segunda. Vocalmente é bastante esixente, pero estou encantada». Isto afirmaba Ainhoa Arteta horas antes do concerto de onte á noite no Palacio da Ópera da Coruña, no que estivo acompañada da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Víctor Pablo Pérez. Para mañá, domingo, ás 20.30 horas, os protagonistas volverán repetir o programa.

A soprano detallaba así o cambio de estilo deste concerto: «A primeira parte é todo alemán e a segunda todo italiano, e ademais da lingua están os estilos tan distintos». «A Orquestra Sinfónica de Galicia é para min, hoxe en día, se non a máis, unha das máis importantes de Europa pola forma na que está a soar, por como están a tocar», asegurou Arteta. Durante os dous días de ensaios, tivo ocasión de coñecer a creación da Orquestra Infantil por parte da OSG, algo que para Arteta converte á OSG nunha canteira moi similar á do Barcelona: «A Sinfónica de Galicia é coma se fose o Barça, pero a nivel orquestra. Paréceme un labor único importantísima. Non sei a que estamento haberá que dirixirse, pero persoalmente gustaríame dicirlles que Galicia debe sentirse moi orgullosa porque teñen unha Orquestra Nova e unha de nenos. Isto é importantísimo». Na mesma liña sostén que esta iniciativa é pioneira. «E a verdade é que Galicia sempre me sorprende».

Ainhoa Arteta confesa que segue estudando: «O complicado é atopar ocos cando estás metida en carreira, pero hai que facelo, é fundamental porque a voz evoluciona coa idade». «Ademais -chancea- vénme moi ben para dicirllo á miña filla». Leva ben a conciliación familiar: «Iso faise con moitísima complicidade por parte da familia».

Despois do concerto de mañá, Arteta viaxará a Valencia e logo a Nova York para preparar Simón Bocanegra e A Mikaela, ao que dedicará os próximos dous meses.
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (España)

Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649.

No hay comentarios: