viernes, 29 de octubre de 2010

Crónica do concerto de Sakapatú!

Foi unha actividade moi interesante e divertida. Chegamos dos primeiros ao Pazo de Cultura de Pontevedra, así que eleximos sitio privilexiado. O escenario xa estaba preparado para a función, os demáis colexios ían chegando. O espectáculo tivo un comezo máxico, un inca sentado tocando a súa quena... Foi realmente sorprendente. Despois todo aconteceu tal e como describimos nas clases de preparación. Pero o momento máis esperado e espectacular, foi cando cantamos todos xuntos a canción "Poco a poco", que ata rapeamos con Sakapatú! e despois xa a cantamos ao estilo andino. Cando rematou, todo o Auditorio pediu outra, jeje, e tocaron outra! Ao finalizar todos tiñamos cara de ledicia... Vai ser certo iso de que a música é o segredo a voces para ser feliz...

Aquí deixa o Merlo as imaxes que rescatamos do concerto de Sakapatú. Falan por elas mesmas... Actividade realizada o 28 de outubro de 2010.



E non te quedes sen ver este resumo do espectáculo! Unha aperta!

4 comentarios:

Unknown dijo...

Hola , saludos desde el IES Ribeira do Louro!! (:
Somos de 1ºC y estamos conociendo vuestro blog.

Anónimo dijo...

Hola! Soy Camila, represento a la clase de 5ºB. Os damos GRACIAS por visitarnos y esperamos que os guste nuestro blog.

Anónimo dijo...

que bonito es el blog
SOY caMila otra vez y felicito a la creadora del blog

O canto do merlo dijo...

Boas, Camila! nestes días non teño moito tempo para subir novas entradas con todo o que está a pasar no Aula de Música (instrumentos novos, equipo de gravación, pizarra nova, cancións, concertos...) pero xa teño ganas!! Unha aperta forte!