jueves, 2 de diciembre de 2010

Xoves Literario

Hoxe tivemos un novo Xoves Literario. Ao Merlo tocoulle preparalo coa profe de 6ºA, Carmiña, e pensamos que xa que se achega o Nadal, que mellor que preparar algo sobre estas festas... Pero non vale unha panxoliña onde todo é ledicia, festa, agasallos... Así que eleximos unha canción especial e que persoalmente me gusta moito. A canción en cuestión é de Silvio Rodríguez e se titula "Canción de Navidad". Unha letra que, sen dúbida, nos fixo reflexionar á primeira hora da mañá...

Aquí deixamos a postal que preparamos coa letra, a cara interna e externa, por si queredes empregala para felicitar no Nadal. E como non, o Merlo vos deixa a canción para que a escoitedes todas as veces que desexedes.

Apertas!

 Canción de Navidad (Silvio Rodríguez)


Portada da postal. Pincha para descargar e garda.
    
Interior da postal. Pincha para descargar e garda.


1 comentario:

hamoraima dijo...

Moi ben, para que vaian aprendendo dende pequenos!!