jueves, 7 de abril de 2011

Concerto de Sakapatú!

 REPORTEIROS: Óscar e Alex

Unha das actividades que máis nos gustou ata agora foi o concerto de música peruana do grupo Sakapatú! Algún instrumento que vimos nese concerto foron: quixada de burro, quena, chaj-chaj, zampoñas... Este concerto foi o 28 de outubro de 2010.

Os integrantes do grupo de  Sakapatú! eran de Perú e de Chile. Cantaron unha canción que nos ensinaron na clase de Música, a canción titulábase "Poco a poco". Deixáronnos cantar e ata fixemos un rap cos artistas de Sakapatú! Os alumnos/as do CEIP de Viñas fomos os máis animados do concerto. 

A profe de Música troúxonos instrumentos de Perú á clase de Música, e no concerto nos regalaron unha mochila. Pasámolo moi ben!!

 Os nosos reporteiros: Óscar e Alex

No hay comentarios: