jueves, 24 de febrero de 2011

"A janelinha fecha"

Hoxe quedei gratamente sorprendida cos alumnos de Infantil 4 e 5 anos. Tiña preparada unha nova canción que cando a escoitei me fascinou para ensinala en Infantil. Pensaba que non ía gustar moito, porque é tranquila e non ten unha música estridente. Pensamos ás veces que as audicións para estas idades teñen que ter ritmos acelerados e unha instrumentación moi variada para chamar a súa atención, pero non ten que ser así. "A janelinha fecha" é unha canción calmada que consegue atraer a atención dos cativos destas idades, fácil de aprender e cantar cunha instrumentación rica e de calidade.

Quixera deixar o audio no blog, pero non o atopo na rede, así que deixamos a reseña e vos animamos a que merquedes este fantástico libro-disco para as vosas Bibiliotecas.

Reseña do libro-disco:
Recopilación de Magdaleine Lerasle
Ilustracións de Auréli Fronty
Música de Paul Mindy
Editorial Kókinos, 2005











O Cancionero infantil del papagayo (Brasil y Portugal en 30 canciones infantiles) pertence a unha serie de libros ilustrados, de gran tamaño, que recopilan cancións populares infantiles e inclúen un disco coa grabación de todas elas. Outros títulos son A la sombra del olivo (El Magreb en 29 canciones infantiles), Canciones infantiles y nanas del baobab (El África negra en 30 canciones infantiles) e Cancioncillas del jardín del Edén (28 canciones judías). Os orixinais son da Editorial Didier e a versión española, da Editorial Kókinos (con traducción e adaptación de Miguel Ángel Mendo).

Unha aperta,

O.



No hay comentarios: