miércoles, 16 de noviembre de 2011

Seguimos traballando...

O Merlo quere pedir mil disculpas polo retraso nas publicacións no blog!! A verdade é que estamos que non paramos e sen internet na casiña do Merlo, o que dificulta esta tarefa. Pero en canto este problemiña se resolva, volveremos a dar a coñecer o noso día a día, o noso traballo, que con tanto esmero preparamos.

Xa estamos estrenando novo compositor, este mes toca Johann Sebastian Bach. Todos os alumnos están fascinados coa súa vida, coa súa loucura pola música. E como non, todos quedaron abraiados coa súa música. Estamos a ver un concerto dun dos seus famosos concertos: "Concierto de Brandenburgo". Aquí o compartimos con todos vós!


Unha aperta!

O.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Unha bonita canción para aprender

Xa no curso pasado traballamos cunha canción do cantautor Pedro Guerra. Tivo moito éxito, gustou moito aos alumnos do 3º Ciclo, así que aproveitando que Pedro Guerra acabo de editar disco, traballaremos novamente unha das súas cancións. Nesta ocasión, "Monarca", que fala dunha mariposa viaxeira. Aquí deixo o vídeo para que vaiades escoitando a melodía.

jueves, 13 de octubre de 2011

O compositor do mes é... VIVALDI

Por fin rematamos o mural do compositor do mes. Traballo dos alumnos e alumnas de 6º Curso. Agora xa estamos pensando na investigación do compositor do próximo mes! Podedes ver algunha foto:



Unha aperta!

O.

miércoles, 12 de octubre de 2011

Silencio de TA

Aquí deixamos o bo traballo do grupo de 2º Curso, traballadores a 1ª hora da mañá!


Unha aperta!
O.

jueves, 29 de septiembre de 2011

Os nosos murais

Aquí gañan os seus puntos os Merliños de Infantil, 1º, 2º e 3º Curso. 


Xa estamos preparando o mural para mostrar na porta de entrada 
o compositor do mes,  unha das novidades deste curso.


miércoles, 28 de septiembre de 2011

Colocando Xilófonos e Metalófonos!!




Aquí está 4º Curso, todos afaenados colocando as placas nos xilófonos e metalófonos.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Xornada de folga

O CEIP de Viñas únese á xornada de folga dos centros educativos e ao paro de brazos caídos do martes 20 de setembro de 2011. Estamos en contra dos recortes que se están a facer no ensino PÚBLICO, recortes que non fan máis que rebaixar a calidade dos nosos colexios.


lunes, 19 de septiembre de 2011

Un saúdo de 1º

Xa estamos en pleno curso! As clases van tomando forma pouco a pouco. Pasou xa a primeira semana, moitos somos xa coñecidos, outros viñeron novos, algunhas profes e tamén bastantes alumnos. No 1º Curso hai moitas caras novas, que desexo que veñan con moitísmas ganas de traballar e aprender .  Outras caras, como Vicente, Pape Mor, Ángela, Alex, Zaka... son xa coñecidos que estrean Primaria este ano. Nótase ademáis que traballaron moi ben en Infantil, con esto xa temos moito adiantado. Unha aperta para todos e feliz curso 2011/2012.


viernes, 2 de septiembre de 2011

Xa está aquí setembro

E con setembro chega o comezo dun novo curso. O Merlo xa está preparando todo o traballo que temos por diante durante o curso 2011/2012.  Vémonos moi pronto!

Apertas!

O.