lunes, 11 de junio de 2012

CANCIÓNS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí tedes cancións infantís que fan as delicias dos cativos de Educación Infantil, tanto de 3, 4 e 5 anos. Agardo que vos gustes e as disfrutedes.



1 / PRESENTAMOS: "La Canción del Jacarandá"


2 / PRESENTAMOS: "O Grilo Grilón"


3 / PRESENTAMOS: "Saco una manito"


4 / PRESENTAMOS: "A Janelinha"


5 / PRESENTAMOS: "El Patio de mi Casa"


6 / PRESENTAMOS: "Cai Cai Balâo"


7 / PRESENTAMOS: "Yo Tengo los Colores"


8 / PRESENTAMOS: "Susanita tiene un ratón"


Unha Aperta!!

O.

domingo, 3 de junio de 2012

AULA VIRTUAL EDMODO

Unha nova, rapaces!

Edmodo é unha plataforma social educativa que permite a comunicación entre alumnos e profesores nun entorno pechado e privado. Esta plataforma permite, por exemplo, enviar traballos e tarefas aos alumnos, reforzar contidos de clase mediante contido web e compartir archivos.  Actualmente é gratuita e sen publicidade.

Paréceme moi interesante para ampliar a comunicación entre o grupo-clase, principalmente alumnado de 3º Ciclo, e estirar un pouquiño este horario tan reducido que temos coa materia de Música.

Aquí está a aperiencia de Edmodo. Xa falaremos máis acerca deste tema. "O Canto do Merlo" xa creou Aula Virtual, para entrar neste grupo precisades entrar como estudantes e introducir un código de grupo.




Unha aperta!

O.

viernes, 1 de junio de 2012

Parabéns a David Vaamonde López!

Non quero deixar de compartir esta gran noticia musical. Hoxe no xornal, na contraportada, aparecía esta noticia sobre este neno, David, de 13 anos. Toca o piano dende os 6 anos e vai ter o privilexio de acompañar en concerto a Lang Lang, recoñecido como un dos mellores pianistas do momento. Nada máis ver esta noticia, non dubidei nin un segundo en compartila cos meus alumnos/as. Por suposto quedaron abraiados e orgullosos de que un colega galego chegue tan alto. Parabéns, David! 

Aquí está a noticia, pincha nela para ampliar a imaxe 


Unha aperta!

O.

lunes, 28 de mayo de 2012

Xogamos con Ritmos

Nesta ocasión preparamos unhas nubes un tanto especiais: Nubes Rítmicas. Trátase de palmear cada nube entre o grupo de alumnos/as. Logo de familiarizarse cos ritmos, a mestra elixe un ao azar e os nenos/as teñen que adiviñar de que ritmo se trata e transcribilo ás súas nubes. Este traballo gozou de moito éxito entre o alumnado do 2º Curso

Como sempre, o resultado final foi xenial. Pero para ver este resultado final terás que voltar a visitarnos!

NUBES RÍTMICAS


NUBES PARA OS ALUMNOS/AS


Unha aperta!

O.
 

viernes, 20 de abril de 2012

Viva Mozart!!

Seguimos traballando na vida e obra de Mozart. Estamos realizando un pequeno libro cos datos máis importantes deste grandísimo compositor e xenio, que teremos rematado para final de curso. Por aquí deixamos un bonito retrato realizado por un dos alumnos de 4º Curso e un pequeno mural con Mozart Warhol realizado polos alumnos do 2º Ciclo.



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Unha aperta!
 
O.

jueves, 19 de abril de 2012

Xogamos con Ti - Ti Ta

Os máis pequenos son os que máis nos sorprenden...



Unha aperta!

O.

J. S. Bach

É importante ter coñecemento da historia da música, por iso tentamos facer pequenos achegamentos a través de audicións xa dende os primeiros cursos. Nesta ocasión, os alumnos do 2º Curso, nos deixaron moi clara a súa visión sobre a figura de Bach... Que inxenio!!!


martes, 17 de abril de 2012

Para estudar con calma o Escatumbararibé


miércoles, 28 de marzo de 2012

Escatumbararibe

Hoxe atopei este vídeo na rede... e deume a fantástica idea de poñernos a traballar cos alumnos de 6º Curso con este xogo de palabras e de mans! Parece dificil? Parece, verdade? Pero confío moito en que o imos a conseguir. Aquí deixo o vídeo e a letra da canción. A letra da parte do xogo aínda non a teño, pero vou a seguir na búsqueda.

Pertence ao libro “Lenga la Lenga: juegos de manos y vasos”, dos brasileiros Viviane Beineke e Sérgio Paulo Ribeiro de Freitas.



Letra:
Zum Zum Zum
Escatumbararibê
Escatumbararibê
Escatumbatinga
Auê sarubê abá
Escatumbararibê
Escatumbatinga.

Apertas!

O.

La Primavera de Vivaldi

Xa estamos en plena primavera. Estamos a traballar, como non, a audición La Primavera de Antonio Vivaldi cos alumnos/as de Infantil. Para iso atopei un video cun musicograma sinxelo para nenos de 3, 4 e 5 anos. Como temos unha clase moi ben preparada, proxectamos co canón na pantalla e todos o puideron seguir a gran tamaño! 


Unha aperta e feliz Primavera!

O.