lunes, 22 de noviembre de 2010

O cazador e a balea. Un conto de Jazz

O 15 de novembro tivemos a oportunidade de asistir a un novo concerto no Pazo de Cultura de Pontevedra, un concerto especial. Tratouse da mistura de literatura e música, da narración dun conto con música Jazz, amosando as súas ilustracións nunha pantalla. A actividade viña da man do Seminario de Jazz de Pontevedra, aproveitando a visita duns grandes músicos da escena musical neoiorquina: Darren Barret Quintet. Foi unha actividade nova, curiosa... Serviu, entre outras cousas, para acercar este xénero musical aos nenos de 5º, 6º Curso de Primaria e 1º e 2º de ESO. A maioría dos rapaces disfrutaron da música e da narración, outros non tanto... Pero experiencias coma estas hai que tentar vivilas sempre que se presente a oportunidade.

O Merlo e os seus Merliños disfrutaron en xeral moito, porque previamente fixemos unha preparación do que sería a actividade e xa íamos predispostos para o disfrute.

Escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e ilustrado por Iban Barrenetxea

viernes, 12 de noviembre de 2010

Parabéns!

Teño que darvos unha boa noticia... A nosa frase do blog, a que aparece no pentagrama do título do blog: "A música é o segredo a voces para ser feliz", foi unha das gañadoras e seleccionadas para a elaboración do calendario do noso blog amigo Ritmo en los Barrios de Nicaragua. O Merlo está feliz e quere compartir a súa felicidade con todos os nenos e nenas do CEIP de Viñas!

Aínda que xa temos un enlace ao noso blog amigo dende a lista de blogs, vos deixo un enlace directo nesta entrada de Ritmo en los Barrios de Nicaragua, e un vídeo onde podedes ver unhas fotografías que reflicten todo o seu traballo musical. Verdadeiramente paga a pena coñecer todo o traballo que se está levando a cabo nesta parte do mundo...



Enlace: Ritmo en los Barrios de Nicaragua

Apertas!

viernes, 29 de octubre de 2010

Crónica do concerto de Sakapatú!

Foi unha actividade moi interesante e divertida. Chegamos dos primeiros ao Pazo de Cultura de Pontevedra, así que eleximos sitio privilexiado. O escenario xa estaba preparado para a función, os demáis colexios ían chegando. O espectáculo tivo un comezo máxico, un inca sentado tocando a súa quena... Foi realmente sorprendente. Despois todo aconteceu tal e como describimos nas clases de preparación. Pero o momento máis esperado e espectacular, foi cando cantamos todos xuntos a canción "Poco a poco", que ata rapeamos con Sakapatú! e despois xa a cantamos ao estilo andino. Cando rematou, todo o Auditorio pediu outra, jeje, e tocaron outra! Ao finalizar todos tiñamos cara de ledicia... Vai ser certo iso de que a música é o segredo a voces para ser feliz...

Aquí deixa o Merlo as imaxes que rescatamos do concerto de Sakapatú. Falan por elas mesmas... Actividade realizada o 28 de outubro de 2010.



E non te quedes sen ver este resumo do espectáculo! Unha aperta!

domingo, 17 de octubre de 2010

¡Sakapatú! unha viaxe pola música andina

Por fin chegou a semana en que nos prepararemos para asistir a ese bonito e interesante concerto que nos agarda no Pazo da Cultura de Pontevedra. O grupo de músicos que nos fará pasar un bo rato ten este nome, "¡SAKAPATÚ! Nas clases veremos o por que deste nome...

Tivemos a sorte de coñecer a unha persoa que veu do Perú e tivo a xentileza de crear unhas imaxes moi ilustrativas do que é a cultura musical andina, que engloba básicamente os países do Perú e Chile. Aquí deixo esas imaxes das que vos falo e xa nas clases profundizamos.

Mapa do mundo, onde se destaca a noso país e o país de onde proceden algúns dos músicos de ¡Sakapatú!





















Bailes tradicionais peruanos, segundo a zona (costa, serra ou selva)





















Instrumentos representativos da cultura andina, que veremos e escoitaremos no concerto!






Paisaxes e cultura peruanas.




















Agardo que resulte interesante para vós! Na clase aprenderemos un estribillo dunha canción que interpretaremos todos xuntos no concerto!

Unha aperta!

Nota: se queres ver as imaxes máis grandes, pincha en cada unha delas! 

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Cousas novas

Bueno bueno... parece que sen darnos conta imos entrando de cabeza no curso, aínda que estamos quentando os motores. Estamos repasando a frauta, recordando ritmos, facendo pequenas audicións... Hai moito traballo por diante, e as horas son poucas... Así que só desexo aproveitar ao máximo as nosas clases e poder comezar a encher este blog de música e traballos!

Unha das cousas novas que vos quero comentar é o primeiro concerto que imos a ver/escoitar (non debedes esquecer que escoitar é importantísimo). Será polo mes de outubro, trátase dun concerto de música andina, sí sí, música andina! Xa estou en plena elaboración das clases previas ao concerto, para ir preparados e así disfrutar máis da música que imos a escoitar. Déixovos coa intriga ata a nova entrada e xa imos falando tamén nas clases.

Sí, música andina...

miércoles, 15 de septiembre de 2010

O novo curso 10/11...

Xa está en marcha o novo curso. Estreno colexio e alumnos, penso que será unha etapa positiva e chea de música, iso tentaremos! Sobre todo tentaremos sacar o máximo partido ás clases de música, ademáis de aprender moitísimas cousas novas e poñer en práctica todo o que xa sabemos, imos a disfrutar, iso é o primordial... Bo camiño!

martes, 7 de septiembre de 2010

Túa nai é meiga

E o Merlo deixa por aquí esta canción tan coñecida, interpretada e gravada polos alumnos do 2º Ciclo, como podedes comprobar, cantada con moito entusiasmo...

Túa nai é meiga
Interpretada polos alumnos do 2º Ciclo do CEIP Refoxos, 2009

lunes, 6 de septiembre de 2010

Millo verde

Invítovos dende O canto do merlo á audición da versión que fixemos da canción popular portuguesa "Millo verde", que Zeca Afonso popularizou e da que deixou pegada no disco Cantigas de Maio. Agardamos que disfrutedes...



Millo verde
Interpretada polos alumnos do 3º Ciclo do CEIP Refoxos, 2009

sábado, 4 de septiembre de 2010

O sol nunha mañá de verán

O sol nunha mañá de verán é unha peza instrumental un tanto especial. Esta peza foi composta para os alumnos do 3º Ciclo. Non foi unha peza fácil, pero dende o principio todos os alumnos a tomaron moi positivamente e foi unha gran experiencia traballala xuntos. Guitarra, frauta traveseira, carrillón, metalófonos, xilófonos, triángulo, bombo, pao de chuvia... unha auténtica orquesta que tocou co corazón! Felicidades unha vez máis!!

Peza gravada en directo e nunha soa toma dende a Aula de Música.

O sol nunha mañá de verán
Interpretada polos alumnos do 3º Ciclo do CEIP Refoxos, 2009 


Metalófonos ensaiando...

Himno galego

O Himno galego é o símbolo acústico de Galiza. Estreouse no ano 1907 e dende entón pasou por moitas vicisitudes, dende a súa prohibición absoluta ata a permisividade total, sen obstáculos nin censura. A letra pertence a Eduardo Pondal (1835-1917) e a música foi composta por Pascual Veiga (1842-1906).

A letra e música deste himno forma un conxunto armónico compacto e bonito de ensinar e aprender por parte dos nenos. Posúe un ritmo pouco complexo e melodías, na súa gran maioría, por graos conxuntos,  o que axuda  a que os nenos disfruten aprendendo esta peza do noso folklore. Iso sí, non se debe esquecer un acompañamento, neste caso eleximos guitarra, bombo e platillo.

Himno galego
Interpretada polos alumnos do 3º Ciclo do CEIP Refoxos, 2009